FOLGA PROFESORADO 24 DE OUTUBRO

O 24 de outubro está convocada unha folga de profesorado.

O centro permanecerá aberto, sen embargo non podemos garantir o normal desenvolvemento das clases.

A Dirección

PARABENS POLO MERECIDO PREMIO O NOSO CLUB DE LECTURA!!

O noso club de Lectura "LiBRIONesxs" foi galardonado co 2º Premio na súa categoría polo Ministerio de Educación e Formación Profesional!. Nesta convocatoria na que se presentaron máis dun cento de clubs de lectura de todo o estado foron premiados os clubs de lectura que destacaron o fomento da lectura como factor dinamizador das actividades que irradian dende a biblioteca. 

Moitos parabéns á participantes e mediadorxs dos grupos de lectorxs do Club e a toda a comunidade educativa que fixo posible este premio!

A FUNDACIÓN BOFILL VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Esta semana a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial: a da Fundación Bofill, que ten como obxectivo exportar o modelo de éxito da Xunta neste ámbito a Cataluña a través dun novo proxecto que están a impulsar e que se chama Biblio [tech]-- un proxecto para transformar as bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multialfabetización e equidade. Visitaron a nosa biblioteca, a do CEE Manuel López Navalón e a do CEIP Emilia Pardo Bazán co fin de coñecer de primeira man a experiencia do programa de bibliotecas escolares en Galicia.

Moitas grazas por escollernos e pola vosa visita!

Consulta aquí a nova na páxina da Consellería de Educación

APÚNTATE AO TEATRO DO NOSO CENTRO

O xoves 14 de setembro terá lugar a reunión inicial para familias e alumnado que estean interesadas en participar no proxecto deste curso do Teatro das Maniotas, grupo de teatro do noso instituto.

O alumnado e familias pertencentes ao grupo que queiran continuar este ano, tamén están convocados. Animádevos a facer teatro musical! 

Vémonos o xoves 14 na aula de música!!

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES 2023

PARABÉNS a Valeria, Pablo, Irene, Martina e Eirena, que acadaron unha nota de acceso á universidade de sobresaínte. Orgullosísimas de vós, e orgullosísimas tamén dos que quedastes a centésimas desta foto. Moita sorte a todas e a todos, sodes xeniais!!

PARABÉNS AO ALUMNADO DE FRANCÉS

26 novos titulados DELF nos niveis A2, B1 e B2 coa súa acreditación oficial que recibiron a noticia esta semana. Un 100% de aprobados!

O alumnado de francés que se presentou fixo un esforzo extra para preparar esta proba coa axuda das súas profesoras e o esforzo pagou a pena porque obtiveron uns resultados extraordinarios.

Moitos parabéns para Ángela, Julia, Rut, Emma, Marcos, Zoe, Sandra, Lucía, Flavia, Alejandro, Nadir, Pablo, Roi, Nerea, Laura, Mariña, Pablo, Sabela, Xiana, Sofía, Aroa, Andrea, Julia, Minia, Martiño e Eirena! Félicitations!

BICIKLETEANDO: ROTEIRO EN BICI POR BRIÓN

O pasado venres 2 de xuño, conmemoramos do Día Mundial da Bicicleta facendo un roteiro en bicicleta por Brión duns cinco quilómetros. O percorrido durou unha hora e media aproximadamente e participamos os tres grupos de 1º de ESO.

A actividade foi organizada por Xiana, profesora de Educación Física, e tamén acudiron Ares, profesor de Bioloxía, Soco, profesora de Matemáticas e Viqui, a directora do centro.

Durante o percorrido tamén estaba a policía local do concello e un coche de protección civil, para cortar o tráfico ou solucionar calquera problema.

Este precorrido pareceunos moi bonito e divertido, debido a que iamos todas e todos en grupo dando unha volta en bicicleta. Foi moi entretido e gustaríanos facer este ou outros percorridos en bicicleta ao longo da ESO.

Daniel Caramés Giménez e Laura Trincado Seoane, 1º ESO A

Preme na icona para ver o mapa do percorrido.

O GRUPO DE TEATRO "TEATRO DAS MANIOTAS" ASISTE AO MUSICAL DO XESÚS TABOADA CHIVITE DE VERÍN

O alumnado pertencente ao grupo de teatro do instituto estivo en Verín, vendo o musical "La la Land", interpretado polo alumnado do IES Xesús Taboada Chivite de Verín no auditorio do concello. Antes diso, fixeron unha pequena visita a Ourense pola mañá. 

BICIKLETEANDO: OBRADOIRO ARRANXO DE BICIS

Na semana do 29 de maio, fixemos unha actividade de arranxo de bicicletas en cada un dos cursos de 1º de ESO. Nesta actividade, un grupo de triatletas do Club Inforhouse Santiago visitou o noso instituto e ensináronos que obxectos hai que levar a un tríatlon.

Unha vez nos ensinaron todos os materiais necesarios, explicáronnos como se cambiaba a cámara dunha bicicleta e as diferentes formas de colocar a cadea.

Logo dividíronnos en grupos de cinco persoas e déronnos unha bicicleta de carreteira a cada grupo para que puxeramos en práctica todo o aprendido.

A min este obradoiro serviume, xa que ás veces cando ía andar na bici e pinchaba a roda non sabía cambiar a cámara e sempre me manchaba as mans cando se me saía a cadea.

Agora toca poñer en práctica o aprendido!


Mateo Rivas Tarrío 1º ESO A

CHARLA E OBRADOIRO SOBRE INFORMÁTICA VISUAL

O pasado martes 30 de maio, Eva Cernadas, profesora da da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Na USC estivo no centro impartindo dúas actividades:

  • A charla "Por que "nacín" enxeñeira?, dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” co alumnado de TIC I e Tecnoloxía e Enxeñaría I.
  • O obradoiro "Informática visual na Medicina e Bioloxía" co alumnado de 1º ESO B.

Desde o IES de Brión queremos agradecer unha vez máis a Eva a súa labor divulgativa amosando a relación da ciencia e tecnoloxía coa vida cotiá, a través das aplicacións informáticas que desenvolveu no seu grupo de investigación e aproximándonos a referentes femininos, moitas veces descoñecidos no mundo da enxeñaría.

Distribuir contido