Actividades

Espazo para as actividades da biblioteca.

"FAINO POSIBLE" (PROXECTO COMPETENCIAL 2ºESO)

Aquí temos o resultado do traballo que realizou o alumnado de 2º ESO de Proxecto Competencial ao longo do curso. Traballaron sobre aspectos patrimoniais de Brión para poñelos en valor e facelos accesibles a todos e todas e como resultado, un folleto en galego e un folleto en castelán, e unha páxina web na que tamén se inclúen videos con lingua de signos, subtitulado, audios explicativos e roteiros para que a información sobre o rico patrimonio do noso Concello sexa accesible a todas e todos.

V CERTAME CULTURAL, "UNHA HISTORIA DE AQUÍ": PREMIADOS

RELATO CURTO
1º PREMIO CATEGORÍA A: "A lenda de Altamirán" (Iria Mariño, 1ºESO B)
2º PREMIO CATEGORÍA A: dúas obras premiadas

  • "O Castro" (Roi Díaz Souto, 1ºESO A)
  • "A vida de Carmen" (Pedro García Sobrido, 1ºESO A)

1º PREMIO CATEGORÍA B: "Virar as tellas" (Zoe de Rojas Rozas, 4ºESO A)
2º PREMIO CATEGORÍA B: "Recordos entre as tazas de café" (Laura Tajes Pais, 4°ESO B)

POEMAS
1º PREMIO CATEGORÍA A: "Á Miña Terra" (Diego Amandi Vidal. 1ºESO D)
2º PREMIO: deserto

1º PREMIO CATEGORÍA B: "Ondas de lembranzas" (Lucía Molinos Carro, 4ºESO A)
2º PREMIO CATEGORÍA B:  dúas obras premiadas

  • "Unha Historia de AquÍ" (Laura Tajes Pais, 4°ESO B)
  • "Eu son eu" (Rut Busto Domínguez, 4ºESO D)

NOVAS TECNOLOXÍAS-PODCAST
1º PREMIO: "Hora dos cereais: encerrados pero conectados" (Lucía Molinos Carro, 4ºESO A, e Laura Tajes Pais, 4ºESO B)
2º PREMIO: deserto

CARTACES
1º PREMIO CATEGORÍA A: "As lavandeiras" (Ainhoa Ibarra Alarcón, 3ºESO C)
2º PREMIO CATEGORÍA A: "Redeiras, unha profesión invisible pero imprescindible" (Greta Otero Nogueira  3ºESO C)

1º PREMIO CATEGORÍA B: "Unha historia de aquí" (Violeta Fornés Rodríguez, 2º BACHARELATO)
2º PREMIO: deserto

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos dous vídeos. Un das moitas actividades que se levaron a cabo ao longo do mes da ciencia en galego na biblioteca:

...E seguindo este enlace podedes ver o reel que crearon para conmemorar o 25N.

A FUNDACIÓN BOFILL VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Esta semana a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial: a da Fundación Bofill, que ten como obxectivo exportar o modelo de éxito da Xunta neste ámbito a Cataluña a través dun novo proxecto que están a impulsar e que se chama Biblio [tech]-- un proxecto para transformar as bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multialfabetización e equidade. Visitaron a nosa biblioteca, a do CEE Manuel López Navalón e a do CEIP Emilia Pardo Bazán co fin de coñecer de primeira man a experiencia do programa de bibliotecas escolares en Galicia.

Moitas grazas por escollernos e pola vosa visita!

Consulta aquí a nova na páxina da Consellería de Educación

23 FILÓSOFAS NO 2023

Neste pasado 8 de marzo presentamos o proxecto "23 filósofas no 2023", un traballo interdisciplinar coordinado pola biblioteca coa colaboración dos departamentos de filosofía, galego e debuxo, co que queremos recuperar e poñer en valor a importancia destas creadoras de pensamento que aínda non figuran nos libros de texto. Despois dun traballo de investigación por parte do alumnado de 1º de BAC, realizamos unha instalación na biblioteca con realidade aumentada que permitiu escoitar os pensamentos de cada unha destas filósofas e para quen non puido estar presente ou quere revisar desde a casa ou desde as aulas, creamos dous xogos: un kahoot e un quiz.  Como colofón tivemos a visita dunha filósofa: Carme Adán, responsable do proxecto Sophias do Consello da Cultura Galega.
Felicitar ao alumnado que realizou este proxecto de investigación e o mostrou, porque ademais o resto de alumnado e profesorado tamén puido aproveitar este traballo e achegarse a estas figuras.
Aquí tedes un video resumo deste proxecto:

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

VISITA DE LEDICIA COSTAS

UN MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA CHEO DE ACTIVIDADES!

Aquí está o noso vídeo resumo deste mes tan cheo de actividades científicas en galego na biblioteca: actividades variadas que xuntaron moito público que experimentou, xogou, aprendeu, mostrou que se pode facer ciencia en galego e ademais é moi divertido! Parabéns ás e ós participantes e grazas ao profesorado implicado. 

Aquí tedes o noso mes:

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN

Distribuir contido