Inicio de curso

INICIO DO CURSO 2023-2024

O día 8 de setembro farase unha presentación para o alumnado e familias de 1º ESO ás 17.00h no vestíbulo da planta baixa.

Nesta presentación estará o equipo directivo e o profesorado titor de 1º ESO.

Tamén este mesmo día,ás cinco, farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.

O día 11 de setembro darán comezo as clases ás 8.25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos. O profesorado titor acompañará ao seu grupo titorando, seguindo a seguinte distribución:

A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día.

INICIO DO CURSO 2022-2023

Na tarde do día 7 de setembro farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.
O día 8 de setembro darán comezo as clases ás 8:25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos, seguindo a seguinte distribución:

8:25h - 9:15h     1º ESO PATIO CUBERTO (ZONA ESQUERDA)
2º ESO PATIO CUBERTO (ZONA DEREITA)
3º ESO XIMNASIO
4º ESO VESTÍBULO PLANTA ALTA
BACHARELATO     VESTÍBULO PLANTA BAIXA

A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día, ata as 14:05h.
Os titores/as de cada grupo pasarán lista e acompañarán ao alumnado ás respectivas aulas.
Nesa xornada de presentación, haberá transporte escolar.


O día 9 de setembro, a actividade lectiva comezará co horario habitual, dende as 8:25h.



En Brión, a 5 de setembro de 2022

A Dirección

PRESENTACIÓN INICIO DE CURSO 2021-2022

MÉRCORES 15 SETEMBRO

11.OOH-12.30H Alumnado de 1º ESO

Este alumnado dirixirase ao patio de atrás, e colocarase, gardando a distancia de seguridade, sobre as liñas que hai pintadas no patio; deixando as 2 primeiras libres. Alí esperará a ser chamado polo titor/a.

Cando sexan chamados/as colocaranse en ringleira sobre as 2 primeiras liñas. Cando o grupo estea completo, irá cara a aula ca persoa titora.

Haberá transporte escolar adaptado a este horario.

XOVES 16 SETEMBRO

8.25H-14.05H Alumnado de 1º ESO horario convencional

8.25H- Presentación alumnado 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH

Este alumnado dirixirase ao patio de atrás, e gardando as distancias de seguridade, esperará a que o alumnado de 1ºESO entre no centro. A continuación, cada nivel dirixirase á zona das liñas que hai pintadas cando sexan chamados/as, seguindo a orde que ven indicada a continuación. Cando o grupo estea completo, irá cara a aula seguindo o percorrido que lle corresponde. 

  1. O alumnado de 2ºESO achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
  2. Cando 2ºESO suba ás aulas, o alumnado de 3ºESO achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
  3. Cando 3ºESO suba ás aulas, o alumnado de 4º ESO achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
  4. Cando 4ºESO suba ás aulas, o alumnado de 1ºBACH achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
  5. Cando 1ºBACH suba ás aulas, o alumnado de 2ºBACH achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.

Todo o alumnado terá clase normal ata as 14,05.

INFORMACIÓN PARA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO

DÍA 1 E 3 DE SETEMBRO  Realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2020/2021, atendendo ó calendario de exames de setembro.

  DÍA 7 DE SETEMBRO: Entrega de boletín de cualificacións  ás 10:00 horas na aula de referencia. Para respectar as medidas de hixiene o alumnado seguirá as mesmas instruccións que durante o curso, agardando nas filas ata que os recolla o titor. O alumando traerá os libros metidos nunha bolsa de plástico e con unha folla na que conste o seu nome, grupo e a relación de libros de texto que entrega. Dirixiranse a súa aula de referencia acompañados polo titor/a que fará entrega dos boletíns de cualificación.

DÍA 7-8 DE SETEMBRO: Reclamacións ás cualificacións por parte dos alumnos en horario de 10:00 a 14:00 horas. 

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO

Informamos ás familias do horario de presentación do alumnado, os días 23, 24 e 25. Consulten o documento adxunto.

IMPORTANTE:

-Todo o alumnado debe traer máscara da casa. Proximamente colgaremos o Protocolo COVID nesta páxina, de momento as normas básicas explicaránselles durante a presentación.

-Vai haber transporte escolar para ese horario, pero recoméndose que todo o alumnado que o poida facer veña a pé ou en Bici.

NOVIDADES SOBRE O CURSO 20-21

Informamos ás familias da concesión, por parte da Consellería de Educación, de 3 dos 4 profesores/as que solicitabamos, polo que retomamos a organización do curso 20-21.

Esperamos ter todo preparado para comezar as clases o día 23. Informarémoslles pola páxina web e/ou correo electrónico.

O CURSO 20-21

CARTA ABERTA ÁS FAMILIAS:

Ante as información contraditorias que saen da Consellería de Educación; por un lado din nos medios de comunicación que nos dan a escoller entre:

-O desdobramento de grupos para poder ter 1,5 m de distancia,

-A instalación de mamparas e 1 m de distancia 

-A semipresencialidade.

E por outro dinnos, pola vía da Inspección educativa, que o a 1ª opción é a instalación de mamparas, aínda que teñamos aulas para eses desdobramentos. Ou sexa, que nada de escolla: obriga.

A Dirección do IES de Brión quere deixar claro o seguinte:

-Desbotamos a utilización de mamparas polo custo, polos problemas de limpeza, pola dificultade de mobilidade do alumnado, de escoita, de ventilación, etc.

-Consideramos que nada pode substituir ao ensino presencial e, polo tanto desbotamos a semipresencialidade.

-Temos aulas dispoñibles e queremos que nos dean os 4 profesores/as que solicitamos para facer os desdobramentos, en horario normal de mañás, e para facer todas as gardas que o Protocolo COVID da Consellería nos obriga a facer.

-Queremos unhas instrucións definitivas xa porque estamos fartas dos cambios de criterio da Consellería. Levamos moito tempo traballando para organizar o curso e a organización que facemos un día, non serve para o seguinte.

POR ÚLTIMO: Calquera medida que non sexa o aumento de profesorado e os desdobramentos, non será nunca por decisión nosa, senón por imposición da Consellería.

Grazas ás familias por apostar polo ensino público!

Recorden que o comezo do curso se adía ata o mércores 23, daremos máis información en canto poidamos a través da páxina web

SETEMBRO: CALENDARIO E INSTRUCIÓNS

Consulta aquí o calendario e instrucións para o mes de setembro.

AVISO 3: SOBRE A ORGANIZACIÓN DA ACOLLIDA DO ALUMNADO O LUNS DÍA 16

As actividades lectivas comezarán ás 11,15 da mañá coa sesión de acollida do alumnado por parte dos/as titores/as.

Na cortiza da entrada do IES estarán expostas as listaxes do alumnado dos diferentes grupos a partir de 2º ESO, así como a listaxe de titores/as e a aula á que deben dirixirse. O alumnado dirixirase á aula que lle corresponda, para a sesión de titoría que se desenvolverá de 11,15 a 12,05.

O alumnado de 1º de ESO esperará na entrada principal, onde será chamado e conducido polo seu titor/a á aula que lle corresponda.

AVISO 1: NOVIDADES SOBRE O COMEZO DO CURSO 19-20. LUNS 16 DE SETEMBRO

Por orden de Xefatura Terrritorial, as clases deben comezar o luns 16. Polo tanto HABERÁ CLASE A PARTIR DAS 11. Todo o alumnado debe estar para esa hora e rematará ás 14,05. 

Distribuir contido