ANPA

ANPA PEDRA VIADA DO IES DE BRION

 ANPA VIADA DO IES DE BRIÓN

Correo: anpaiesdebrion@gmail.com

Facebook: https://es-es.facebook.com/AnpaPedraViada/

Blog: http://anpaiesdebrion.blogspot.com/

OBRADOIRO REDES SOCIAIS

ASEMBLEA XERAL INFORMATIVA


A directiva da Anpa ven de manter unha xuntanza co equipo directivo do Instituto na que se nos informou de distintas cuestións de interese para boa parte do alumnado. Acordamos convocar unha asemblea aberta a todas as familias, tanto socias como non, para trasladar as novidades e intercambiar impresións.

Data: MARTES 19 de MARZO
Hora: primeira convocatoria 18.00 h (iniciaráse se están presentes máis dun terzo dos socios), segunda convocatoria 18.31h (iniciarase cos socios que estean presentes, sen número mínimo)
Lugar: BIBLIOTECA DO INSTITUTO

Orde do día:

1. Evolución das queixas formalizadas en decembro e nas últimas semanas sobre varias asignaturas tanto en ESO como en BAC
2. Información sobre as modificacións de horario lectivo que vai a solicitar a dirección do centro de cara a vindeiros cursos
3. Información sobre a proba de avaliación contemplada na Lei de Educación para 2ºESO
4. Información sobre a evolución de matrícula de cara ao vindeiro curso
5. Rogos e preguntas

Brión, 7 de marzo de 2024
Presidenta da Asociación “Pedra Viada” de Nais e Pais do Alumnado do IES de Brión

ASEMBLEA ORDINARIA ANPA PEDRA VIADA

A piques de rematar o curso 22/23, toca tamén facer balance dende a Anpa. A actual directiva da asociación cumpre mandato, así que é momento ademáis de seguir sumando forzas e renovar cargos.
Por iso convidámosvos a participar na ASEMBLEA que terá lugar o vindeiro 7 de xuño ás 19.00h en primeira convocatoria, 19.15 en segunda convocatoria no salón de actos do IES.
Pódense presentar candidaturas ata o luns 5 de xuño: nesa xornada, as listas que se teñan enviado ao correo anpaiesdebrion@gmail.com publicaranse na web do Instituto.
O número mínimo de integrantes é de tres persoas, para cubrir a presidencia, secretaría e tesourería da Asociación.

ORDE DO DÍA
1-Lectura e aprobación se procede da acta anterior

2-Información sobre o estado de contas da Asociación

3-Información sobre as actividades desenvolvidas

4-Rogos e preguntas

5-Renovación da xunta directiva


A directiva da Anpa “Pedra Viada”

Maio de 2023

IV CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN (MAIO 2023): FALLO DO XURADO

Reunido o venres 12 de maio, o xurado do IV Certame Cultural IES de Brión acorda conceder os seguintes premios, que se entregarán na biblioteca o luns 22 de maio no 2º recreo:

MODALIDADE RELATO CURTO:
Categoría A (clica nos títulos para ver os traballos)
1º Premio: “O apagón eléctrico”.
Autora: Andrea Pais Casaldoeiro 3ºESO D

1º Premio: “Sen Luces”
Autora: Aroa Prieto Fernández 2ºESO B

Os dous traballos foron valorados como merecedores dun 1º Premio, así que ámbolos dous recibirán diploma conmemorativo, 30 euros en efectivo e outros 20 en material de libraría

MODALIDADE CARTAZ:
Categoría A (clica nos títulos para ver os traballos)
1º Premio: “Desafío dixital”
Autor: Leo Castreño Guerra. 1ºESO A

2º Premio: “Borrón e conta nova”
Autora: Laura Tajes Pais 3º ESO D

O Xurado valorou nos traballos premiados como a partir do lema proposto (Imaxinemos un mundo sin Internet), desenvolven unha idea completamente orixinal e convidan a reflexionar sobre o positivo que pode haber nun uso máis moderado da tecnoloxía. O resto das categorías do certame quedaron desertas, na meirande parte porque non se presentou ningún traballo. Outras creacións que concorreron non achegaban propostas completamente orixinais ou non tiñan nada que ver co tema.

Conformaron o xurado desta IV Edición do Certame Cultural Pilar Figueroa, Pilar Buela e Eduard Velasco por parte do equipo docente do Instituto e José Manuel Velo e Patricia Iglesias pola Anpa. Todos valoraron o esforzo do alumnado que fixo as súas achegas ao Certame e anímanos a continuar traballando a súa faceta creativa.

ESCOLA DE NAIS E PAIS IES DE BRIÓN

Prezadas familias,

         Convidámosvos a participar en dúas actividades que celebraremos no Instituto este mes de marzo e que dende a dirección do centro e a Anpa consideramos que poden ser de interese.

       O mércores 1 de marzo terá lugar unha charla sobre o BO USO DOS MÓBILES no ámbito educativo. Refrescaremos a memoria sobre a normativa que está vixente nestes momentos en conversa cunha representante da dirección do Instituto  e a avogada ANA CAMIÑO falaranos das implicacións legais que pode conlevar un mal uso das novas tecnoloxías. O encontro está pensado para solventar as dúbidas que poidamos ter nestes momentos sobre o emprego que poden ou non poden facer os nosos fillos e fillas dos dispositivos electrónicos.

         TERÁ LUGAR ÁS SEIS DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DO IES. A entrada é libre ata completar o aforo

         O mércores 8 de marzo celebraremos por fin a xornada de Educación Afectivo Sexual para as familias, unha actividade que quedou aprazada hai unhas semanas por causas alleas a nós. Dende o Centro QUÉROTE+, que se encarga de impartir o obradoiro, pídennos un límite de 25 participantes. Parte da xente que estaba anotada para a data inicial confirmou a súa asistencia para o 8 de marzo, pero aínda quedan prazas, así que, si vos apetece asistir, enviade un correo a anpaiesdebrion@gmail.com para inscribirvos, antes do 6 de marzo.

Esta segunda actividade celebrarase tamén no salón de actos do IES, pero ás CATRO E MEDIA DA TARDE.

 Grazas polo interese!

Un saúdo

III CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN: FALLO DO XURADO

MODALIDADE RELATO CURTO:

Categoría A: (1º, 2º e 3º de ESO)

  • 1º PREMIO: Zoe de Rojas (2ºD)  polo seu traballo “Seino todo”, asinado co pseudónimo Zurena PrayerO xurado acordou outorgar dous segundos premios nesta categoría:
  • 2º PREMIO: Camila Mosteiro Carvajal (2ºD) por “As nosas guerras”  ,asinado co pseudónimo Belcourt
  • 2º PREMIO: Aroa Prieto Fernández (1ºB) por “Non é inevitable”,asinado co pseudónimo Tileresa

Categoría B: (4ºESO, 1º e 2º Bacharelato)

  • 1º PREMIO: Simón Rivas Capeáns (2º BACH) polo seu traballo “O meu poder? A imaxinación”, asinado co pseudónimo Chimpi

MODALIDADE POESÍA:

Categoría A:

  • 1º PREMIO: Ruth Busto Domínguez (2ºB), por “As nosas guerras (e só nosas)”
  • 2º PREMIO: Pablo Blanco Valiñas (1ºB), por “A beira do río”, asinado co pseudónimo Roberto de Brión.

MODALIDADE CARTAZ:

Categoría A:

  • 1º PREMIO: Candela Pérez Iglesias (1ºC)  por “Loitas internas”, asinado co pseudónimo Nirvana.
  • 2º PREMIO: Laura Tajes Pais (2ºD) por “Consecuencias da guerra”, asinado co pseudónimo Chifugod.

O xurado acordou deixar desertos os premios na modalidade de Novas Tecnoloxías e suxeriu á organización do Certame adiantar as datas de celebración desta cita en próximas edicións, para favorecer a participación do alumnado.

Formaron o xurado do III Certame Cultural, en representación do centro Bárbara Carballo, Suso Sambade e Vicente Fornés,  e pola Anpa, María José Espiñeira, Elena Remesar e José Manuel Velo.

Os premios entregaranse na Biblioteca do Instituto, o 18 de maio, durante o segundo recreo.

Brión, 12 de maio de 2022

III CERTAME CULTURAL

Distribuir contido