ANPA

III CERTAME CULTURAL

II CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN- MAIO 2021

O xurado do II Certame Cultural IES de Brión-Maio 2021 estivo composto por Dª Sandra Souto e D. Xabier Lorenzo en representación do Instituto e Dª Mª José Piñeira, Dº José Manuel Velo e Dª Patricia Iglesias como representantes da ANPA.

Á hora de establecer os galardóns, valorouse a calidade dos traballos presentados, a súa orixinalidade, a inspiración no lema proposto e tamén o respecto ás bases da convocatoria. Lembramos que nelas había unha referencia expresa ao uso do galego, tendo en conta ademais que esta cita está pensada para festexar o Día das Letras.

Nesta edición incrementouse o número de participantes na modalidade de Relato Curto, onde o xurado acordou conceder ademais dos dous premios establecidos, un accésit, polo interese das narracións e as temáticas propostas. Así mesmo acordou deixar desertas as modalidades e categorías onde os traballos presentados non acadaban os requisitos previamente apuntados.

Agradecemos o esforzo mostrado polo alumnado participante no Certame. Animámosvos a continuar traballando e sumarvos ás vindeiras edicións. Tedes moito talento!.

A exposición dos traballos e a entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 21 ás 12:05 na Biblioteca.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA PEDRA VIADA

Prezadas familias,

Benvidas todas a este novo curso no Ies de Brión! Diante das circunstancias especiais coas que nos toca remar este ano, dende a Anpa imos arrancar cunha oferta case simbólica de actividades, que se desenvolverán ademáis de xeito telemático. Non quixemos renunciar a todo, pero tampouco poñer en marcha propostas que puidesen supoñer ainda máis complicacións organizativas para o centro por mor dos protocolos, así que comezaremos con XADREZ e OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA, as dúas online. Conforme avance o curso, agardamos que tomen forma outras iniciativas nas que estamos traballando, como un Taller de Arte Urbana, que será, agardamos, ó vivo. Tamén poñeremos en marcha unha nova edición do Certame Cultural en primavera e continuaremos a colaborar co centro na actividade de Teatro Musical que coordina o departamento de Música. Pero o obxectivo último da Anpa é contribuir a mellorar no posible o día a día do noso IES, e para iso seguimos pensando que cantas máis forzas sumemos, mellor: animámosvos a facer tódalas achegas que consideredes de interese e tamén, a asociarvos. Adxuntamos ó final da circular o boletín de inscrición. Unha vez cuberto e ingresados os 12€ da cota por familia, agradecemos que a enviedes ó correo anpaiesdebrion@gmail.com. O buzón da Anpa tamén está a disposición de quen o precise, no fondo do corredor, no primeiro andar do Instituto.

Ánimo a tod@s!

A directiva

I CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN-MAIO 2020

MODALIDADE DE CARTAZ MODALIDADE DE RELATO CURTO MODALIDADE DE POESÍA
CATEGORIA  A: 1º PREMIO

“Re-Existiremos”. Autora: Eirena Souto, 3º de ESO.

 “Resistiremos”. Autora: Antela C. 2º de ESO

CATEGORIA  A: 2º PREMIO

“Resistiremos dende a casa”. Autora: Irene Núñez, 3º de ESO

“Lola, a viaxante do tempo”. Autora: Lorena González, 2º de ESO

ACCESIT

“Querido amigo”. Autora: Rebeca González, 2º de ESO

CATEGORIA  B: 1º PREMIO

“Resistiremos”. Autor: Daniel Blanco Sanz, 4º de ESO

“Agarimo nostálxico”. Autora: Eliana Barreiro, 4º C

“Screenshot”. Autora: Uxía Trenco, 4º B.

CATEGORIA  B: 2º PREMIO

“Traballo Plástica”. Autora: Carla Castro, 4º de ESO

O Xurado do I Certame Cultural IES de Brión-Maio 2020 estivo composto por Eli Ríos e Xabier Lorenzo en representación do Instituto e José Manuel Velo e Patricia Iglesias como membros da Anpa.

           Queremos agradecer o esforzo amosado nos 18 traballos presentados a este Certame, sobre todo tendo en conta as circunstancias excepcionais nas que finalmente se tivo que desenvolver esta cita pensada inicialmente para festexar o Día das Letras Galegas.

          O xurado valorou, especialmente nas propostas literarias, a capacidade das autoras (todas, rapazas) de tirar unha mensaxe diversa de “Resistencia” da situación que estamos a vivir a causa do andazo, pero en tódolos casos mirando cara adiante: resistencia diante da violencia machista, resistencia diante do medo á morte, a deixar esmorecer a memoria dos nosos maiores, á dor da ruptura amorosa ou resistencia tamén a deixarmos estragar o mundo no que vivimos.

           O maior número de propostas presentadas corresponderon á modalidade de Cartaces, na que o alumnado amosou tamén unha grande creatividade e destreza técnica para dar a súa visión artística da “Resistencia”. Na selección dos traballos premiados o xurado tivo moi en conta a orixinalidade, a factura técnica e a capacidade de expresar en imaxes sentimentos e sensacións difíciles de xestionar.

           Parabéns a todo o alumnado polo traballo e a RESISTENCIA!

           A entrega dos agasallos e a exposición dos traballos premiados está condicionada ó momento no que se poida regresar ó centro.

 Brión, 15 de Maio de 2020

I CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN: APÚNTATE!

Distribuir contido