II CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN- MAIO 2021

Enviado por Dirección o Mér, 19/05/2021 - 19:27

O xurado do II Certame Cultural IES de Brión-Maio 2021 estivo composto por Dª Sandra Souto e D. Xabier Lorenzo en representación do Instituto e Dª Mª José Piñeira, Dº José Manuel Velo e Dª Patricia Iglesias como representantes da ANPA.

Á hora de establecer os galardóns, valorouse a calidade dos traballos presentados, a súa orixinalidade, a inspiración no lema proposto e tamén o respecto ás bases da convocatoria. Lembramos que nelas había unha referencia expresa ao uso do galego, tendo en conta ademais que esta cita está pensada para festexar o Día das Letras.

Nesta edición incrementouse o número de participantes na modalidade de Relato Curto, onde o xurado acordou conceder ademais dos dous premios establecidos, un accésit, polo interese das narracións e as temáticas propostas. Así mesmo acordou deixar desertas as modalidades e categorías onde os traballos presentados non acadaban os requisitos previamente apuntados.

Agradecemos o esforzo mostrado polo alumnado participante no Certame. Animámosvos a continuar traballando e sumarvos ás vindeiras edicións. Tedes moito talento!.

A exposición dos traballos e a entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 21 ás 12:05 na Biblioteca.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.