ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME CULTURAL

Enviado por Dirección o Mar, 14/07/2020 - 08:55

O día 30 de xuño foron entregados os premios do I CERTAME CULTURAL IES de BRIÓN. Foi ás 11h da mañá , na Biblioteca do cento. Consulta no blog da Biblio as fotos do evento: https://bibliobrion.blogspot.com/

Parabéns a todxs os e as premiadas!!!

COMUNICADO DO PROFESORADO DO IES DE BRIÓN

Enviado por Dirección o Xov, 09/07/2020 - 22:28

Comunicado do Claustro de profesorado do  IES de Brión reclamando medidas para unha adecuada planificacion do curso 20/21 en situación de Pandemia:

DESCARGAR ARQUIVO

MATRÍCULA CURSO 2020/21

Enviado por Dirección o Xov, 25/06/2020 - 13:54

O período de matrícula para o curso 20-21 abrangue dende o 1 ao 10 de xullo. Deberá matricularse todo o alumnado que promocionou no curso 19-20. Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:

Día 1 ---->4ºESO: -de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          -de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Día 2 ---->Bacharelato (1º e 2º): -de 9 a 12 h alumnado de 1º de Bacharelato

                                              -de 12 a 14 h alumnado de 2º de Bacharelato

Día 3 ---->1ºESO: -de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          -de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Día 6 ---->2ºESO: de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Día 7 ---->3ºESO: -de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          -de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Os días 8,9 e 10 resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.

AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.

AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.

Descarguen aquí os impresos:

  

APRENDO PROGRAMANDO

Enviado por luz o Mér, 24/06/2020 - 19:30

Este curso participamos de novo no programa Aprendo Programando do Plan Proxecta desde a materia de Control e introdución á Robótica de 2º de ESO. Os principais obxectivos son empregar a programación como medio polo que se leva a cabo o proceso de aprendizaxe e potenciar a autonomía e desenvolvemento da capacidade creativa do alumnado a partir dunha temática proposta: "As especies exóticas invasoras". 

A pesar da particular situación deste curso, o alumnado continuou traballando en liña na plataforma E-Dixgal no proxecto ata principios de xuño.  Finalmente seleccionamos catro propostas para a participación no Concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch", organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia CPETIG.

Convidámosvos a ver as animacións, responder ás preguntas e participar nos xogos propostos polo alumnado para aprender máis sobre especies invasoras e agradecemos a motivación e participación no proxecto.

Especies animais invasoras por Xiana Bragaña Pardo: 

Especies invasoras: Meloncillo e troita arco da vella por Guillermo Velo Expósito:

Vespa velutina por Catuxa Fernández Varela:

Mimosas por Miguel Picos Gómez:

LIBROS PARA ANIMAR O VERÁN!!!

Enviado por Dirección o Ven, 19/06/2020 - 12:35

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 20/21

Enviado por Dirección o Ven, 19/06/2020 - 12:12

Consulta aquí os libros de texto recomendadados para os diferentes niveis

Os Boletíns de cualificacións serán enviados por correo electrónico e Abalar móbil ao longo do día 25 de xuño. A recollida de libros e ordenadores de préstamo farase segundo o calendario que se xunta. O alumnado de 1º Bach que teña que recoller a taquilla ou que queira deixar libros de texto para o fondo de libros, faráo o martes 30 de xuño ás 11 h. Moita atención ao protocolo para esa recollida que se xunta tamén aquí.

ALIMÉNTATE BEN!!

Enviado por Dirección o Ven, 12/06/2020 - 21:14

Este ano o IES de Brión comezou a súa andaina dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben.  A través da inclusión no proxecta, buscábase iniciar ao alumnado e á comunidade educativa nunha educación e cultura alimentaria que fixera reflexionar e concienciar sobre a importancia dos hábitos alimentarios, non só dende un punto de vista saudable senón responsable co medio natural.

Entre as actividades realizadas:

·        Gravación dun programa de radio co alumnado de 1º de Bacharelato de Anatomía  Aplicada cun debate cuxa temática foi  "Alimentación natural fronte a comida rápida".: https://radiodoiesdebrion.wordpress.com/

·        Almorzo saudable co alumnado de 2º de Bacharelato. Ver na ligazón https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbrion/node/3185

        

Viñetas de banda deseñada sobre hábitos e alimentación saudable co alumnado de 1º da ESO na materia de EPVA. (Accede dende o botón).

Algunhas das nosas actividades víronse truncadas debido á suspensión das clases, mais iso non foi escusa para  non seguir traballando contidos relacionados coa alimentación e os hábitos saudables a través da rede. Polo que durante o confinamento aproveitamos para elaborar pratos ricos e saudables.

·       

Almorzo, xantares e merendas saudables, elaboradas polo alumnado de 2º da ESO de Promoción de Estilos de Vida Saudable. Ver na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=xdL57STnewU

·       

Pirámides saudable,  construídas polo alumnado de Promoción de Estilos de Vida Saudable. Ver na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=Lb0fsMdARHQ

·       

Receitario cunha escolma de pratos saudables, ricos e moi saborosos elaborados polo alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Educación Física. (Accede dende o botón).

Podedes consultar todas as receitas na canle de YouTube “AliméntateBen Brión”

https://www.youtube.com/channel/UC3SRAdSKIRjnAIKDIb3hb5Q/videos

 

Merca Produtos de Proximidade, Consume Alimentos de Tempada, Recicla, Reutiliza, Coida o Planeta...

 COCIÑA E COME COS SENTIDOS!!

 

VIÑETAS SAUDABLES 
RECEITARIO

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO

Enviado por Dirección o Ven, 05/06/2020 - 11:54

Consulta en documento adxunto

FORMULARIOS DE PREMATRÍCULA CURSO 20-21

Enviado por Dirección o Mér, 03/06/2020 - 23:41

Dende o IES de Brión queremos coñecer a escolla de optativas do noso alumnado para o curso 20-21; para iso poñemos á vosa disposición o seguinte formulario de prematrícula. Por favor, cubrídeo e enviádeo antes do xoves, día 11 ás 15 h. Para acceder pediravos a vosa conta de correo iesbrion.

Poñede atención, tede en conta que a vosa escolla determinará a configuración dos itinerarios do curso que ven.

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.