25N NO IES DE BRIÓN

Grazas polo voso compromiso!!

O TEATRO DAS MANIOTAS PRESENTA: "SEN MEDO"

O Teatro das Maniotas do noso instituto preséntanos a canción "Sen medo" para conmemorar o 25N de 2022.


ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

Tivemos a sorte de ser seleccionadas polo Ministerio de Cultura y Deporte como un dos centros escollidos no Programa de actividades literarias en institutos e escollemos a Antía Yáñez, unha das nosas escritoras favoritas, coa que xa tiveramos contacto no pasado pola lectura das suas obras no Club de lectura, para que nos visitara e poder coñecela en persoa. Unha oportunidade da que gozará o alumnado de 1º de ESO e do Club de lectura que acaban de ler obras súas. 
Unha gran sorte compartir este encontro cunha gran escritora!

A BIBLIOTECA PREMIADA NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Felices estamos coa nova do concurso de traballos por proxectos na que o traballo presentado pola nosa  biblioteca foi premiado! 

Un traballo promovido pola biblioteca e realizado o pasado curso polo alumnado de 1º de Bac na materia de Literatura Universal e María, a súa profesora.

Seguro que recordades a estas mulleres imprescindibles:

Moitas grazas por este premio e moitos parabéns a quen o fixo posible!

 

VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Este xoves recibimos a visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa que estivo acompañada polas compañeiras da Asesoría de Bibliotecas Escolares e polo noso inspector. Nesta visita o equipo de voluntarias da biblioteca foron presentando os diversos usos e espazos para a continuación facerlle unha entrevista para Radio EmBrión. 

Un pracer poder presentarlles a nova renovada biblioteca e un orgullo de equipo de voluntariado que temos!

Enlace á nova

Sapoconcho XL. Obradoiro

O pasado mércores día 9 de novembro, e logo dun corto período de posta a punto, inauguramos o Polo Creativo do noso centro cunha colaboración con Bricolabs, os Museos Científicos da Coruña e AMTEGA. Esa tarde, un grupo de alumnos e alumnas de diferentes cursos tiveron a oportunidade de participar na montaxe dun total de 20 robots de hardware e software libre.
Sapoconcho XL, que así se chama o robot, ten un chasis impreso en PLA, contrólase mediante unha placa Arduino, desprázase sobre dúas rodas conectadas a motores de corrente continua e está dotado de sensores de infravermellos e ultrasóns.
O material para construír os robots foi cedido por AMTEGA a través cun proxecto de colaboración coa asociación Bricolabs para a difusión do hardware e o software libre nos centros de ensino.
Entre as novas actividades do noso espazo de creación figura, loxicamente, rematar a montaxe destes robots, programalos, e, quen sabe, tal vez ata organizar algunha proba ou competición.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Este mes de novembro a biblioteca vai estar chea de ciencia: lecturas científicas, retos semanais, xogos... Cada semana sorpresas distintas, con que comezaremos? (clica aquí para ir ao blog da biblioteca)

SAMAGOSTO? MAGAÍN?

...Non todo vai ser estudar, así que agora que podemos disfrutar celebrando as festas que tanto botabamos de menos, facémolo por todo o alto. O venres 28 de outubro tocoulle ao dous-por-un de Samaín e Magosto. Houbo castañada a cargo do mellor castañeiro do mundo, o noso Xacobo Novo, e chocolatada; tamén coreografías, disfraces, concurso de decoración de aulas xulgado pola nosa comisión terrorífica.... En breves, subiremos documentos gráficos de tan animada festa! Mentres tanto, aquí vos queda o traballazo do alumnado de 2º Bacharelato; unha tradución do inglés ao galego das orixes do Samaín e a festa do Halloween.

PREPARANDO BAILE PARA SAMAÍN!!

Aquí tendes un pequeno tutorial do baile deste ano para Samaín. 

Practicade moito para este próximo venres día 28 de outubro, e recordade que durante os recreos desta semana tamén podedes ir aprendendo a coreografía.

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN

Distribuir contido