ENTREVISTA A BEATRIZ GRAÑA EN RADIO emBRIÓN

O alumnado de 1º ESO A, na materia de Proxecto Interdisciplinar, preparou unha entrevista con Beatriz Graña, profesora de Pedagoxía Terapéutica no IES de Brión.

Beatriz falou da súa faceta artística: en primeiro lugar a interpretación, tanto no cine coma no teatro, e en segundo lugar a pintura.

Accede á entrevista

CHARLA TEMÁTICA" O BOSÓN DE HIGGS"

05/03/2015 12:25

O departamento de Física e Química e Vicedirección organizan a charla temática " O bosón de Higgs" dentro do Programa  A Ponte da USC o vindeiro 5 de marzo de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º  de Bacharelato e 4º A

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2015/16

OBRADOIRO QUÉROTE+

O departamento de Orientación organiza un obradoiro Quérote+ de educación afectivo-sexual para o alumnado de 3º de ESO o 27 de febreiro na sala de usos múltiples. O obradoiro desenvólvese no seguinte horario:

10:25 a 12:05 para o alumnado de 3º A e PDC

12:25 a 14:05 para o alumnado de 3º B

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

25/02/2015 15:00
25/02/2015 19:30
O departamento de Bioloxía organiza unha visita ao Museo de Historia Natural para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato o 25 de febreiro de 2015 de 15:00 a 19:30 horas.

OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

11/02/2015 10:05
11/02/2015 19:00

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a participación na fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o día 11 de febreiro de 2015 de 10:05 a 19:00 horas.

Concurso "Alicia no país das marabillas" e matemáticas

Este curso o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar... matemático! Por iso vos propoñemos un concurso que relaciona matemáticas e literatura a través do clásico de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas"

Bases e mecánica do concurso:

-Participantes: todo o alumnado do Instituto. Ollo! Non podedes concursar individualmente. Os equipos estarán formados por alumn@s da mesma aula. O número de integrantes de cada equipo é libre.

-Prazo de inscripción: do 2 ao 6 de Febreiro na Biblioteca (durante os recreos).

En que consiste o concurso?

*Ao principio de cada semana dende a Biblioteca plantexaremos unha pregunta sobre un ou dous capítulos de Alicia no país das marabillas.

*Os equipos terán ata o venres para entregar a resposta na biblioteca durante o horario no que está aberta. A semana seguinte haberá unha nova pregunta sobre os capítulos seguintes e así sucesivamente.

*Os equipos que non contesten correctamente serán eliminados do concurso.

*A dificultade da pregunta semanal será progresiva . A duración do concurso non está fixada . Todo depende da vosa participación.

-Para participar no concurso necesitades ir lendo os capítulos de Alicia no país das marabillas correspondentes ás preguntas semanais. Na biblioteca atoparedes o libro en papel e tamén en formato dixital (libros electrónicos). Xa veredes como vos gusta. Ademais podedes tamén ver as distintas versións cinematográficas da novela. Seguro que coñecedes o filme de debuxos animados que fixo a factoría Disney mais recomendámovos un filme posterior de Tim Burton, un director americano cun xeito de facer cine moi personal.

-O equipo gañador recibirá un premio sorpresa. Na medida que o concurso se alongue pois as preguntas semanais son acertadas , o premio será maior. Non vos decimos en que consiste pois dependerá da idade e gustos do equipo gañador.

ALUMNADO DE 4º PARTICIPA NO 7º OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

02/02/2015 16:00
02/02/2015 18:00

Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.

A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.

    7º obradoiro e concurso galego de robótica

Información sobre a actividade vía: educaBarrié

A nova na prensa:

ENTREGA DE CARNÉS TEI AO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O día 30 de xaneiro, Día Mundial da Non Violencia e da Paz, fíxose entrega dos carnés de Titores ao alumnado de 3º de ESO que recibiu durante este mes a formación inicial para titorizar ao alumnado de 1º de ESO dentro do programa de Titoría entre Iguais (TEI). O acto contou coa presencia do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Previamente o alumnado participou no obradoiro "Relaciónate! De bo rollo!" a cargo de "Quérote +"

ENTREVISTA A LOURDES SUÁREZ E A XOSÉ CUNQUEIRO EN RADIO emBRIÓN

O alumnado de 1º ESO B de Relixión prepararou esta entrevista tan especial a Lourdes Suárez de 94 anos de idade e a Xosé Cunqueiro de 72, veciños de Brión.

Lourdes traballou na terra, coidando nenos e de empregada de fogar. Agora vai bailar tódos os domingos.

Xosé estivo oito anos na emigración; Francia, Suiza, Canadá e Pais Vasco. Agora traballa no campo e gústalle ir ver xogar ao seu neto a fútbol sala.

Accede á entrevista

Distribuir contido