LUCIANO FERNÁNDEZ RUEDA EN RADIO emBRIÓN

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, unha alumna de 2º de ESO e o actual director do IES de Brión entrevistan a Luciano Fernández Rueda que, despois de toda unha vida adicada á docencia, o deixa para comezar outra etapa, a merecida xubilación.

Accede ao programa en RADIO emBRIÓN

ANDRÉS GONZÁLEZ BELLIDO EN RADIO emBRIÓN

Agustín Vázquez, Pilar Moreno, Sara Riveira e Santiago Soliño entrevistan a Andrés González Bellido, creador do Programa TEI (Titoría entre iguais) para a prevención do acoso escolar, que se implantará o presente curso 2014/15 para alumnado de 1º e 3º de ESO no noso centro.

Accede á entrevista en RADIO emBRIÓN

XOGOS POPULARES

XOGOS POPULARES NO IES DE BRIÓN

Data: Martes, 11/11/2014 de 16:15 a 17:55

Grupos: 1º e 3º de ESO

Organización:

Alumnado de 3º de ESO

  • Serán os encargados do desenvolvemento da actividade e de explicar o regulamento dos xogos.

    • O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.

    • Cada grupo estará identificado cun sinal identificativo que levará o coordinador pegado nun peto.

    • Cada grupo permanecerá durante toda a actividade desenvolvendo o seu xogo.

Alumnado de 1º de ESO

  • Serán os que realizarán os xogos baixo a supervisión do alumnado de 3º de ESO.

    • O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.

    • Cada grupo permanecerá un tempo nun xogo e logo irá rotando.

Profesorado

  • Departamento de Normalización Lingüística, Departamento de Educación Física, Vicedirección, Orientación e Profesorado titor dos grupos correspondentes.

Documentación

TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado sábado 18 de outubro tivo lugar no IES de Brión a primeira das sesións formativas do Programa TEI (Titoría entre iguais) para a prevención do acoso escolar, que se implantará o presente curso 2014/15 para alumnado de 1º e 3º de ESO no noso centro.

A sesión, a cargo do creador do programa, o profesor Andrés González Bellido, estivo dirixida a profesorado deste mesmo centro e de centros da contorna.

A formación está organizada polo CAFI ( Centro autonómico de formación e innovación) en coordinación coa Vicedirección e o Departamento de Orientación do IES de Brión.

O sábado 8 de novembro terá lugar a segunda das sesións formativas, previas á posta en marcha do programa co alumnado.

Para máis información, ver o resumo do programa Crónicas emitido en TVE 2.

O TEI na TVG:

V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

05/11/2014 12:00

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia " A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)" impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato.


A videoconferencia terá lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.

Manuel Caeiro Rodríguez é doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo.  Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación.


SAÍDA AO COUREL

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza unha saída ao Courel do 29 de outubro ás 16:30 ao 31 de outubro  ás 21:00 horas para o alumnado de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato.

Na actividade están programados roteiros e a visita á estación botánica e museo xeolóxico de Quiroga

VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRAO

Os departamentos de Lingua Galega e Latín, organizan a visita ao Castro de San Cibrao de Las e Ribadavia para o  martes 28 de outubro de 9:15 a 18:00 horas para o alumnado de 3º de ESO.

DEREITO A FOLGA DO ALUMNADO DE SECUNDARIA

A dirección do centro ven de enviar ás familias do alumnado unha circular na que se dá cumprida información sobre o seu dereito a folga.

Accede ao documento

VISITA A SOTAVENTO

Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizamos a visita ao Parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro, para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 1º E 2º DE ESO

Aprázase a reunión coas familias de 1º e 2º de ESO ata o martes 21 de outubro, ás:

  • 18:30 horas para 2º de ESO
  • 19:00 horas para 1º de ESO

Circular do comunicado ás familias

Distribuir contido