PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. 2015/16


O vindeiro martes 15 de setembro terá lugar a presentación do curso e recepción do alumnado.

Levarase a cabo en tres quendas:

Alumnado Horario Porta de acceso
 1º e 2º de ESO

de 11:45 a 12:30

 porta principal
 1º e 2º de Bacharelato

de 12:00 a 12:45

 porta do patio
 3º e 4º de ESO

de 12:15 a 13:00

 porta principal


Nota: Haberá transporte escolar.

O mércores 16 de setembro darán comezo as clases no horario habitual de 08:25 a 14:05.

Boletin do IES de Brión: Trimestre 3º

MATRÍCULA PARA O CURSO 2015/16

Curso:                             
Datas:

 1º e 2º de ESO  

 do 25 de xuño ao 1 de xullo

 3º e 4º de ESO

 do 2 ao 7 de xullo

 1º e 2º de Bacharelato

 do 8 ao 10 de xullo

ENTREGA DE NOTAS

Entrega de notas

Avaliación ordinaria de xuño

Xoves, 25 de xuño ás 10:30 horas

Non haberá transporte escolar

GRATUIDADE SOLIDARIA DE LIBROS DE TEXTOS

Consellería de Cultura, Educación e O.U ten publicada no seu portal educativo información relativa ás axudas para a adquisición de libros de texto e ao fondo solidario de libros de texto.

Accede á información



ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O pasado venres 12 de xuño tivo lugar no IES de Brión o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.

O director do centro entregou un diploma acreditativo da concesión dunha Matrícula de Honra á alumna Lucía Adeva Contreras, así como cinco Mencións Especiais ao alumnado con excelente expediente académico.

Destacou no acto o emotivo discurso pronunciado por Matheo Zé Thelem Álvarez como representante do alumnado.

ÚLTIMOS PROGRAMAS DE RADIO emBRIÓN NESTE CURSO

RADIO emBRIÓN, a radio en liña do IES de Brión, remata as súas emisións por este curso 2014-15. Foi un curso onde o alumnado preparou e grabou 55 programas e onde tivemos un pouco de todo: deporte, cine, libros, moda, entrevistas, escritores, xornalistas, profesores, políticos, xuízes, xente maior, xente que naceu noutros países... Achegáronse ao noso centro para compartir con nós as súas experiencias e falarnos do seu traballo.

Pero o verdadeiro protagonista foi o alumnado. Este curso participaron 139 alumnos e alumnas neste espazo para experimentar, aprender e compartir. Un traballo colaborativo e por proxectos.

Estes son algúns dos últimos traballos que fixemos:

 

 

XIV XORNADAS DE TECNOLOXÍA

O IES de Brión acolle os días 5 e 6 de xuño as XIV XORNADAS DE TECNOLOXÍA organizadas por APETEGA, Asociación de Profesorado de Tecnoloxía.

As xornadas inclúen visitas didácticas ao Complexo Medioambiental do Barbanza e a FINSAobradoiros prácticos, conferencias e comunicacións.

Programa das xornadas

INTROVISIÓNS

  

Durante a primeira quincena de xuño o IES de Brión acolle a exposición fotográfica Introvisións realizada polo alumnado do Ciclo Medio de Fotografía do IES Virxe do Mar de Noia, entre o que se atopan dous ex-alumnos deste centro, Patricia Beade e Joaquín Mato.

A mostra reúne 45 imaxes correspondentes ao proxecto fin de curso das últimas promocións destes estudos e xira arredor das inquedanzas, intereses e motivacións dos seus autores e da xuventude en xeral. Tal e como se explica no texto que se pode ver na entrada, Introvisións é unha maneira de espirse como xeración, un conxunto de intromisións no interior dos seus autores que nalgunhas fotografías fabulan, noutras autoexhíbense e noutras collen distancia.

Trátase polo tanto dunha exposición xeracional composta por imaxes dixitais realizadas con distintas técnicas, como a fotomontaxe, a fotografía crepuscular, deportiva ou o zooming, e na que non faltan os imprescindibles: a amizade, as relacións afectivo-sexuais, o ocio, a música, a tecnoloxía, a estética ou o incerto futuro laboral que, maioritariamente, se retrata en branco e negro.

A mostra foi inaugurada o 1 de xuño por José Luís García, alcalde de Brión, e polos directores do noso centro e do Virxe do Mar.

Distribuir contido