IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
![]() IES Virxe do Mar - Noia |
|
|
ERASMUS + (2016-2018)Iniciar sesiónUSUARIOS-AS CONECTADOSAgora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.
|
ÉXITO dos ALUMN@S na X OLIMPIADA de XEOLOXÍADespois de varias semanas de preparación e prácticas de laboratorio, a cargo da profesora Raquel Troitiño, un grupo de alumnos e alumnas de Xeoloxía de 1º de Bacharelato, participaron con grande éxito na X Olimpiada de XEOLOXÍA que tivo lugar este 13 de Febreiro na Facultade da Universidade Compostelana. Un dos nosos equipos, o formado por Xavi, Jesús, Daniel, Toño e Rodrigo, acadou a primeira posición de entre todos os que participaron na Olimpiada. A destacar que o alumno Xavier Lires quedou clasificado na 3ª posición de forma individual, gañando o dereito a participar na fase nacional representando a Galicia, que terá lugar o vindeiro 6 de abril en Cáceres.
EQUIPO GAÑADOR da X Olimpiada de XEOLOXÍA XVIII Certame de RELATO de AVENTURASXa está en marcha o XVIII Certame de Relato de Aventuras 'Antón Avilés de Taramancos' convocado polo Concello de Noia e organizado pola revista 'Casa da Gramática' do IES Virxe do Mar. Poden participar todas as persoas maiores de idade e o prazo de admisión dos traballos remata o día 8 de abril de 2019, que deberán ser remitidos ao Concello de Noia (R/ Rosalía de Castro, 2) Máis información en www.noia.es ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020Enviado por admin o Lun, 2019-02-11 13:27BACHARELATO na E.T.S. de ENXEÑARÍA de MINAS de VIGOOs alumnos que cursan Tecnoloxía Industrial no Bacharelato do noso instituto, realizaron unha visita á E.T.S. de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A visita encádrase dentro das xornadas de portas abertas e de aula aberta organizadas pola Escola Técnica para alumnado de Bacharelato. Durante a mesma, os rapaces e rapazas asistiron a unha demostración activa de manexo simulado de explosivos, demostracións de levantamentos tridimensionais cun láser 3D e diversas actividades manipulativas relacionadas coa tecnoloxía dos materiais. Foron acompañados polos profesores Emilio Regueira e Macarena Carballeira. 2 de FEBREIRO, DÍA da CANDELORIA: o casamento dos paxaros
O día 2 de febreiro celébrase o día da CANDELORIA. En GALICIA é o día do casamento dos paxariños. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno. 'O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS'
'CANDO A CANDELORIA CHORA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA, QUE CHORE OU DEIXE DE CHORAR, MEDIO INVERNO ESTÁ POR PASAR' ![]() |
XADEAcceso XADE
ERASMUS + e CLIMÁNTICAEQUIPO DE ROBÓTICACALENDARIO ESCOLARTITORIAL ABALAR MÓBILBIBLIOTECAS ESCOLARESGUÍA DA LOMCESITIO OFICIAL XUNTA DE GALICIA PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2018-2019ARTES PLÁSTICAS CASTELÁN CIENCIAS NATURAIS CIENCIAS SOCIAIS ECONOMÍA EDUCACIÓN FÍSICA FILOSOFÍA FÍSICAeQUÍMICA FRANCÉS GALEGO GREGO INGLÉS LATÍN MATEMÁTICAS MÚSICA RELIXIÓN TECNOLOXÍA XADREZ ORIENTACIÓN (Acción Titorial, POAP, Atención á Diversidade) PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA PROXECTO LGTCO. EDLG RRI PEC PLAN CONVIVENCIA NOVAS |