Skip to Content

Misión Lata Espacial

O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato está participando no concurso Cansat, organizado pola Axencia Espacial Europea. Leva varios meses dedicando unha sesión semanal ao deseño dun prototipo de satélite do tamaño dunha lata de refresco, que debe superar unha misión nada sinxela. Sigue lendo para saber máis...


Logo de ser lanzado a unha altura duns 500 m, deberá descender de xeito controlado con axuda dun paracaídas, recoller datos de presión, temperatura, altitude e humidade, e envialos por radio a un ordenador que teremos en terra. 

O lanzamento está programado para o 23 de abril. Podedes seguir o día a día do equipo na web do centro ou na súa conta de Instagram, lataespacial.

 Posta en marcha do módulo de radio

 

Deseño da carcasa para a posterior impresión 3D 

 

Primeira versión do paracaídas



blog | by Dr. Radut