Skip to Content

Blog_ACE

Blog de Actividades Complementarias e Extraescolares

Visita a Escolas Técnicas da Universidade de Vigo

O pasado 10 de xaneiro, o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de Bacharelato do IES Virxe do Mar visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Realizaron obradoiros de combustión e intelixencia artificial, e visitaron un laboratorio de Robótica e Automática. Tamén recibiron información sobre a súa oferta formativa e puideron percorrer as súas instalacións. Queremos transmitir o noso agradecemento aos responsables de ambas Escolas pola atención que nos prestaron. Esta actividade foi organizada en colaboración co departamento de Tecnoloxía do IES do Son.

Sorteo cesta de Nadal

A cesta será entregada o próximo venres 29 de decembro nas oficinas do instituto en horario de mañá.

Se vostede posúe a rifa gañadora e non pode acudir ao centro ese día pregámoslle nos indique, empregando o correo do centro ou chamada telefónica, outro momento para facerlle entrega da mesma. Grazas pola colaboración co noso alumnado.

 ies.virxedomar.noia@edu.xunta.gal

Teléfono: 881 866831

Música para o 25N

O 25N tamén podemos celebralo a través da música...

Aquí tedes unha lista de reprodución con temas musicais relativos ao tema.

Desfrutádea!

 

O ALUMNADO DE PROXECTO COMPETENCIAL DO IES VIRXE DO MAR COÑECE O MERCADO DE PROXIMIDADE DA VILA DE NOIA

Este xoves, 23 de novembro, o alumnado de 4ºESO A coñeceu de primeira man o mercado de proximidade que hai na nosa vila. Esta actividade forma parte dun proxecto que se desenvolverá ao longo deste curso e que ten como obxectivo principal “repensar o modelo de vila que temos e queremos”.

XXIV CERTAME DE CURTAS DE NOIA

15/11/2023 16:48

 

The best film festivals, together - Festhome

O alumnado da ESO,1º BACH e CICLO asistiu á Mostra de Curtas de Noia dentro da sección: "Curta Cativa". Na sesión o alumnado tivo ocasión de visionar diversas curtas con temáticas de concienciación social e situacións polas que poden pasar nas súas idades.
Ademáis o alumnado do ciclo Ciclo de vídeo, Dj e son, participou na estrea do episodio número 3 do Videopodcast “vivir con un extraterrestre” e logo na mesa redonda con  Ana de Alba directora do 
Podcast e Juantxu Álvarez (productor)
Grazas á organización por convidarnos e aproveitamos para recoñecerlle ó seu labor a prol da difusión da cultura visual nos centros de ensino da vila de Noia e comarca

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut