O alumnado da ESO,1º BACH e CICLO asistiu á Mostra de Curtas de Noia dentro da sección: "Curta Cativa". Na sesión o alumnado tivo ocasión de visionar diversas curtas con temáticas de concienciación social e situacións polas que poden pasar nas súas idades. Ademáis o alumnado do ciclo Ciclo de vídeo, Dj e son, participou na estrea do episodio número 3 do Videopodcast “vivir con un extraterrestre” e logo na mesa redonda con Ana de Alba directora do Podcast e Juantxu Álvarez (productor) Grazas á organización por convidarnos e aproveitamos para recoñecerlle ó seu labor a prol da difusión da cultura visual nos centros de ensino da vila de Noia e comarca
O IES Virxe do Mar está participando no proxecto 4 climas. A próxima proposta do mesmo é unha viaxe (10 ao 15 febreiro) ao Parque Nacional de Doñana con visitas á cidade de Córdoba, vila de Chillón, minas de Almadén e oo Parque das Táboas de Daimiel. Nesta mobilidade participarán institutos de Córdoba, Elxe e Outes. Para participar desta actividade o proxecto CLM4S convoca un certame de curtametraxes. Se eres alumn@ de 3ºESO, 4ºESO ou BACH, defendes a loita contra o cambio climático e queres participar...lee as bases adxuntas, graba un pequeno vídeo e...ADIANTE!!.
Como xa vai sendo tradición no noso instituto o alumnado de Historia da Arte acompañado pola súa profesora iniciou o curso visitando o templo de Sta. María a Nova. Fundado no ano 1327 polo arcebispo compostelano Berenguel de Landoira é unha das máis importantes representacións do gótico mariñeiro en Galicia. Nel tamén se atopa unha exposición única de laudas sepulcrais ou laudas gremiais que datan dende épocas medievais ata a Idade Moderna. Noraboa á profesora Concha Sabucedo por esta iniciativa.
O alumnado de 1º ESO visitou as Illas Cíes o día 21 de xuño: fixeron unha ruta ata o faro, coñeceron as especies características do Parque e disfrutaron da praia. A actividade foi organizada polo seu profesor de Ciencias Naturais Santiago Robado.