Skip to Content

Blog_tic

Día Internacional da Seguridade da Información

Cada 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Seguridade da Información. Pensamos que é un bo momento para insistir na importancia de coidar os nosos datos e a nosa identidade dixital, e para iso creamos unha páxina con xogos e novas que de seguro vos interesarán, tanto se sodes xente nova como non tanto.

Pincha na imaxe para descubrila!

 

Guía de mediación parental

Presentámosvos a guía de mediación parental creada polo INCIBE e traducida ao galego por compañeiros/as do IES Aquis Celenis. Trátase dun documento que pode axudar a xestionar o uso do móbil e outros dispositivos no ámbito familiar. Nos documentos adxuntos atoparedes diferentes modelos de pactos familiares relacionados con esta guía. Agardamos que vos guste e poidades sacarlle partido.

 

 

Ciberseguridade no cole!

O pasado mércores, 18 de outubro, dez alumnos de 1º ESO A e B participaron na 3ª edición do concurso Ciberseguridade no cole!

Configuración e aproveitamento do correo electrónico corporativo

Neste enlace ofrécese información sobre a configuración e uso do correo electrónico corporativo @edu.xunta.gal

AbalarMóbil para as familias

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Información sobre a descarga, instalación e uso desta aplicación na web AbalarMóbil.

Distribuir contido


by Dr. Radut