Skip to Content

Xornada de multideporte

 

Para rematar o curso o alumnado do centro tivo a súa disposición, durante a mañá do venres 21, unha chea de xogos achegados ao noso centro pola empresa noiesa "Rubén Seijo".
O alumnado practicou, entre outros deportes, tenis, minigolf, tenis de mesa, bádminton e tiro con arco.
Agradecemos a colaboración do Concello de Noia e a Rubén e ao seu equipo o traballo feito nesta xornada lúdica que foi todo un éxito. Parabéns.

Calendario matrícula curso 2024-2025

No arquivo adxunto vai o horario de matrícula para o curso 2024/2025.
Sobre como efectuar a mesma, lembrarlles que:

  • Os sobres de matrícula poden recollerse na conserxería do centro.
  • No sobre inclúese información específica ca documentación que hai que entregar cando se efectúe a matrícula.
  • O alumnado de 1º e 2º da ESO non paga o seguro escolar.

HORARIO DE MATRÍCULA ( facer clic para ver)

Competición de robots

Un ano máis, a competición de robots do alumnado de Tecnoloxía de 2º ESO foi todo un éxito. Durante as últimas semanas do curso, rapaces e rapazas de guiados polo profesor Emilio Regueira traballaron moito no chasis, mecánica, sistemas eléctricos e decoración do robot para chegar a tempo ao día de hoxe. Moitos parabéns a profe e alumnado polo resultado!

 Pincha na imaxe para ver máis fotos.

Visita ás Illas Cies

O alumnado de 1º de ESO, acompañandos dos profes Santi, Ana e Moncho, participou nunha viaxe ás illas Cies, ese paraiso que temos en Galicia no Parque Natural marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.
A xornada combinou troula, compañerismo, emocións e todo combinado cunha preocupación pola meteoroloxía dende a saída de Noia...aínda que foi chegar ás illas a expedición do VdM e o sol apareceu no ceo!!
Logo de disfrutar dunha ruta de sendeirismo a actividade completouse cun baño nas augas do Atlántico que según algunha das protagonistas: "non estaban tan frías"

Noraboa a todo o grupo polo voso comportamento e aproveitamento deste día!!

Éxito de MERCAMAR o mercado solidario do VdM

Pecha ás súas portas con gran éxito MERCAMAR, unha iniciativa solidaria para a venda de roupa usada con varios obxectivos: concienciarnos da cantidade de roupa que temos e darlle valor e ser conscientes do impacto desta industriano medio ambiente. O alumnado de Proxecto Competencial de 3º ESO B pon en marcha 

Os cartos recadados doaranse á Asociación Saúde Mental A Creba, de Noia.A roupa que non se vendeu foi cedida á Cáritas-Noia.

Noraboa ao alumnado de Proxecto Competencial de 3ºESO-B pola iniciativa e o traballo feito.

Presentación de MERCAMAR en Radio Líder

MERCAMAR na prensa escrita e dixital

Recollida dos equipos E-Dixgal (4º ESO)

O alumnado de 4º ESO deberá devolver o equipo E-Dixgal que estivo a utilizar durante estes cursos. Antes da devolución procederase a unha revisión para comprobar que todo o equipamento está operativo e en óptimoas condicións.

No documento adxunto detállanse as instrucións e as datas de revisión e devolución.

Distribuir contido


by Dr. Radut