FROITAS EN TESTAL

 

O pasado mércores 21 de xuño o alumnado de 1º da ESO desprazouse á praia de Testal como actividade cumio do Plan Proxecta co que se traballou durante o curso. O alumnado de ESO do IES Virxe do Mar participa nun programa de innovación educativa que ten por finalidade provocar un cambio nas actitudes e hábitos alimenticios do alumnado, e que este cambio repercuta na súa mellora persoal e no ámbito familar e social. En concreto, perséguese:  potenciar o consumo de froita e produtos de mar e acadar unha alimentación equilibrada para obter boa saúde.

No programa están involucrados 9 profesores e profesoras de diferentes disciplinas (galego, inglés, frances. Tecnoloxía, CC Naturais, Matemáticas e Educación Física) que desenvolven diferentes actividades docentes dentro da aula ao longo do curso.  A esas actividades hai que sumarlle o reparto de froita fresca de temporada en varias semanas diferentes do ano; obradoiros de bocadillos saudables utilizando como base conservas de peixe e/ou marisco; excursións á lonxa para coñecer todo o proceso de recollida, selección e catalogación do marisco e acabar degustando hamburguesas e croquetas de peixe fresco e diversos obradoiros sobre a necesidade de conservación da biodiversidade mariña unido á concienciación das vantaxes de consumir peixe fresco na dieta semanal.

 Esta foi a última actividade do curso. Recibiron unha charla de carácter científico sobre a riqueza marisqueira da súa contorna e completaron a xornada cun baño e bocadillos saudables que trouxeron da casa acompañados dunha elaborada sobremesa de froita fresca. Regresaron, igual que foron, camiñando.Tiveron a oportunidade tamén de ter un econtro con Sechu López, deportista, que está a percorrer a costa galega nun proxecto denominado Costa Verdecente. Tivo  a xentileza de facer un alto no seu camiño e comentar cos rapazes a súa nova aventura. Moitas grazas a Sechu, polo detalle e aos organizadores e participantes desexarlles unhas boas vacacións así como tamén agradecementos aos colaboradores.



DE NOVO, BLANES

Unha nova oportunidade de experimentar numerosas viviencias no campamento de inmersión lingüística de Blanes. Os alumnos de 2º da ESO participaron acompañados dos profesores Eva Núñez, Fernando Vigo e Antón López. A actividade desenvolveuse entre o  12 e o 17 de xuño. Mar, deporte, actividades ao aire libre...coma un adianto do verán... e o inglés por mellorar. Parabéns a todos/as.


 


 

FIN DE CURSO

 

Na seguinte ligazón está a INFORMACIÓN de final de curso

 

 


 


 

ENCONTROS CLUB DE LECTURA

 

O pasado sábado, 17 de Maio, un numeroso grupo de rapaces e rapazas do Club "Tol@s pola lectura" acudiron, xunto coa súa coordinadora, María Golán,  e dúas representantes do Club de lectura de adultos, á X Xornada de Clubs de lectura, na que participaron unhas 1.200 persoas. Obradoiros do máis variado (cómic, rap, graffiti, dobraxe e banda deseñada entre outros), encontro con escritoras/es (Berta Dávila, Ledicia Costa, Miguel Anxo Prado, Cesar Mallorquí), música e baile, espectáculos de animación á lectura, almorzo saudable e xantar, fixeron as delicias do público xuvenil que tivo ocasión de achegarse aos seus admirados modelos literarios. Claro que non todos poideron conseguir a ansiada sinatura do libro...  



   

 

ENTREGA DE TROFEOS

 

Asi de contento estaba un dos gañadores do Campionato de Xadrez e Damas o pasado venres cando se lle fixo entrega do trofeo. A actividade que se desenvolveu desde a Semana Cultural foi coordinada por Antón López. O primeiro premio, tanto de xadrez como de damas, foi para Xoel Barreiro de 1º ESO A e o segundo premio do campionato de damas foi para Nelson Hermo. No caso do xadrez, o segundo premio foi para Jorge Romero. Todos alumnos de 1º ESO A. Parabéns ao coordinador e aos rapaces e rapazas que participaron.


 


 

VIAXE A LONDRES

Non nos esquecemos da foto dos que tiveron a ocasión de viaxar a Londres co Departamento de Filosofía e Inglés. Un ano máis o alumnado de centro de 1º de Bach poideron poñer en práctica o seu inglés e visitar os lugares máis emblemáticos da fermosa cidade. A actividade foi organizada e coordinada por as profesoras Gloria Rivas, Mercedes Mariño e a lectora Heather Long. Moito traballo para que os rapaces e rapazas disfrutaran desta oportunidade.



 

Distribuir contido