Skip to Content

Gañadores do concurso "Canto sabes da biblioteca"

Noraboa a Antón Pérez, Pablo Villar e Irea Santiago

Concurso "Canto sabes das bibliotecas?"

O dia 24 de outubro celébrase o Dia das Bibliotecas. O equipo da Biblioteca do noso Centro convoca un concurso. ANÍMATE E PARTICIPA.

Concesión da ampliación da axuda para adquirir material escolar

Estimadas familias:

Hoxe día 14 de outubro,  publicouse no DOGA a ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022,  a favor das persoas que xa foron beneficiadas desta axuda por importe de 50 euros, e se lle conceden 25 euros adicionais. A partires do martes día 18 de outubro xa poden recoller este novo vale por importe de 25 euros, na Secretaría do Centro.

Un saúdo.

DIRECCIÓN DO IES VIRXE DO MAR.

Parabéns a Ismael Ramos

O noso exalumno Ismael Ramos Castelo acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía Xoven 2022 . Toda a comunidade escolar do IES Virxe do Mar felicítao. MOITOS PARABÉNS

Probas de certificación en linguas estranxeiras

 A Xunta amplía o prazo para solicitar a realización de probas de certificación en linguas estranxeiras para o alumnado que cursa 4º ESO, Bacharelato e FP en Centros públicos de Galicia. A información figura nos seguintes enlaces:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37309

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37413

Distribuir contido


by Dr. Radut