Skip to Content

Lecturas para o verán!!

Non marchedes de vacacións sen pasardes pola Biblioteca a coller algunha lectura fresquiña.

Temos novidades narrativas, clásicos universais, novela gráfica, biografías, libros didácticos e prácticos...

Malo será que non atopedes algo do voso agrado!

Bo verán de parte do Equipo da Biblioteca!

Xornada de multideporte

 

Para rematar o curso o alumnado do centro tivo a súa disposición, durante a mañá do venres 21, unha chea de xogos achegados ao noso centro pola empresa noiesa "Rubén Seijo".
O alumnado practicou, entre outros deportes, tenis, minigolf, tenis de mesa, bádminton e tiro con arco.
Agradecemos a colaboración do Concello de Noia e a Rubén e ao seu equipo o traballo feito nesta xornada lúdica que foi todo un éxito. Parabéns.

Calendario matrícula curso 2024-2025

No arquivo adxunto vai o horario de matrícula para o curso 2024/2025.
Sobre como efectuar a mesma, lembrarlles que:

  • Os sobres de matrícula poden recollerse na conserxería do centro.
  • No sobre inclúese información específica ca documentación que hai que entregar cando se efectúe a matrícula.
  • O alumnado de 1º e 2º da ESO non paga o seguro escolar.

HORARIO DE MATRÍCULA ( facer clic para ver)

Competición de robots

Un ano máis, a competición de robots do alumnado de Tecnoloxía de 2º ESO foi todo un éxito. Durante as últimas semanas do curso, rapaces e rapazas de guiados polo profesor Emilio Regueira traballaron moito no chasis, mecánica, sistemas eléctricos e decoración do robot para chegar a tempo ao día de hoxe. Moitos parabéns a profe e alumnado polo resultado!

 Pincha na imaxe para ver máis fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut