EXCURSIÓN A ANDORRA

Aquí temos a imaxe do grupo que este ano se desprazou a Andorra para disfrutar da súa excursión anual. Alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bach acompañados polos seus profesores Juan José García, Emilio Regueira e Miguel Fernández. Unha excursión sen sobresaltos e cuns profesores satisfeitos polo extraordinario comportamento dos seus alumnos e alumnas. Parabéns a todos/as. 


 


 

 

CELEBRACIÓN DÍA 8 DE MARZO

 

O día 8 de marzo o Virxe do Mar sumouse aos actos mundiais de celebración do Día Internacional da Muller. O equipo de alumnos de 2º de Bach mais o Equipo de Dinamización Lingüística lograron convocar a toda a comunidade educativa do centro para construír un simbólico lazo humano no patio. Unha sinxela homenaxe ás mulleres, e especialmente, ás mulleres vítimas da violencia. Grazas a todos/as os que colaborastes. É necesario seguir, seguirmos, sensibilizando.


 


 

CAMPAÑA POLA IGUALDADE

Con motivo da celebración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, un grupo de alumnos de 2º Bach do noso centro promoveu unha nova campaña. Nesta ocasión para visualizar a necesidade de loitar en defensa dos dereitos das mulleres. Cartaces, coma o da imaxe, deseñados por eles, adornan estes días os espazos do noso centro. Non esquezamos a mensaxe. Parabéns aos promotores.


 


 

PRIMEIRO CURSO EDUCO2CEAN-ERASMUS+

 

O venres 10 e 11 de marzo coorganizamos, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o primeiro curso de formación do proxecto europeo EduCO2cean-Erasmus+ que lideramos, na que participaron docentes de máis de 100 centros educativos das catro provincias galegas. Estes centros van ter a oportunidade de sumarse á rede escolar galega da Alianza Estratéxica para a Innovación Educativa EduCO2cen Erasmus+, que imos coordinar dende o Instituto. Neste evento participaron  catedráticos que están entre os máis relevantes no noso país en Psicoloxía da aprendizaxe, Xenética, Pedagoxía Social, Economía portuaria e Ecoloxía mariña. 


 


 

FALAMOS DE SON E DE CINE

O pasado venres 17 de febreiro tivo lugar un encontro entre alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Video DJ e Son con profesionais do son para cine, nominados ós premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. As persoas asistentes disfrutamos da experiencia compartida por Diego S. Staub e Miguel Barbosa, de Sound Troop, describindo o son do filme María y los demás, e por Amaro Rúa Lago achegándonos ó seu traballo sonoro en Pelerinaxes. Foi unha brillante exposición sobre o son para o cine, dende a súa captura en directo, á creación de foleys ata as mezclas e a posprodución.


 


 

 

ENTROIDO 2017

Entroido 2017. A algúns e algunhas aínda lle doen as pernas de tanto bailoteo. Festa de Entroido no Virxe do Mar. Houbo de todo: zombies, garotiñas e garotiños, grupos musicais sesenteiros, unha voda cos seus invitados, vaqueiros, unha funcionaria de 90 anos en activo, os amigos de Bisbal, un pallaso pacífico.....e moito, moito baile. Todo un espectáculo. Acompañado pola repostería das familias do alumnado que quere ir de excursión a Londres e que nos fixeron a mañá máis levadeira. Pero, sen dúbida, os verdadeiros protagonistas foron os animadores da festa: o alumnado e profesorado do Ciclo que temos no centro e que pincharon toda a mañá sendo capaces de facernos bailar a case todos. Moitas grazas. No podemos esquecernos dos presentadores: Anxo e Tamara e de todos e todas aqueles que colaborastes, especialmente ao alumnado que sempre vos animades cos vosos disfraces a participar e  a todo o persoal que sacrifica o seu tempo en colaborar e facer que todo isto sexa posible. Moitas grazas.


 


 

Distribuir contido