Skip to Content

Lecturas para o 8M

Na Biblioteca fixemos unha selección de lecturas (e audiovisuais) relacionados co Día Internacionala da Muller, que conmemoramos o pasado 8 de Marzo.

Pásate por alí e escolle a túa novela, o teu cómic, a túa película, o teu disco... sobre esta temática.

Ler abre a mente!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

                                   VdM un instituto para ti

O próximo mércores día 6 de marzo ás 19 h. imos celebrar as xornadas de portas abertas do IES Virxe do Mar.

Tódalas familias que queiran achegarse ao noso instituto poderán facelo para que poidamos trasladarlles toda a información que precisen para efectuar a matrícula da súa filla ou fillo no centro.

Cros XOGADE-Intercomarcal

O estadio Julio Mato Matito de Noia acolleu o cros intercomarcal de Xogade, no que participaron mais de 700 alumnas e alumnos. O noso centro participou nas probas femininas e masculinas tanto nas categorías infantil como na cadete.

As corredoras infantís acadaron o primeiro posto na proba por equipos o que lle posibilitará asistir ao campionato provincial destes xogos escolares.

O equipo cadete feminino tamén repetiu victoria clasificando deste xeito para a próxima proba.

Tamén temos que destacar a clasificación para estas finais na categoría individual dos atletas cadetes José Manuel Arufe e Pablo Villar Ces.

Noraboa a todas e todos pola vosa participación.

Foi unha mañá de deporte e bo ambiente, aproveitamos para felicitar e agradecer a tódalas personas encargadas da organización polo seu traballo e esforzo.

 

ver clasificacións completas

ver novas na prensa

Charla "A rede galáctica: unha historia de internet"

Sabías que internet naceu dunha rede de catro ordenadores chamada Arpanet? Que os computadores da misión Apolo que levou ao ser humano á Lúa tiñan menos memoria que o teu teléfono móbil? Ou que a tecnoloxía das páxinas web naceu no CERN, en Suíza, hai pouco máis de 30 anos? Todo isto e moito máis saiu na charla "A rede galáctica: unha historia de internet", que este luns 19 de febreiro impartiu no noso centro o catedrático Enrique Macías Virgós, profesor na Facultade de Matemáticas da USC, ao alumnado de TIC de Bacharelato.

Propostas didácticas para o 11F

Desde o Polo Creativo deixámosvos varias propostas para traballar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro. Tedes guías, instrucións e modelos de cada proposta nos documentos adxuntos.

Accede á entrada completa para ver toda a información.

 

“De min para ti”. TITORÍA ENTRE IGUAIS

Comezamos o ano 2024 e botamos a andar o proxecto “De min para ti. Titoría entre iguais”. Esta experiencia estase levando entre alumnado de 2º e 4º de ESO e constitúe unha especie de pilotaxe para desenvolver o plan de acción titorial no noso centro. O punto de partida son unhas exposicións orais que realizou o alumnado de 4º de ESO ao longo do 1º trimestre na materia de Lingua e Literatura Galega sobre temáticas relacionadas coas preocupacións e problemas que afectan a esta franxa de idade: acoso, identidade sexual, trastornos da alimentación, adiccións aos xogos de azar, redes sociais…

Dada a calidade dos traballos e a habilidade discursiva das nosas mozas e mozos, as titoras de 2º de ESO pensamos que sería unha oportunidade fantástica para que compartisen esta información cos niveis inferiores. Por outra banda, o feito de que sexan compañeiras e compañeiros os protagonistas destas charlas favorece unha maior atención e mellor acollida por parte do alumnado que as recibe.

Así que comezamos xaneiro con Martiño Saa que lle falou ao alumnado de 2º do perigo dos xogos de azar online e con Naiala Santos que tratou o tema das redes sociais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut