Skip to Content

Blog_tic

Formámonos en Ciberigualdade

O pasado venres 15 de marzo, catro alumnos de 4º ESO impartíronlle ao alumnado de 1º ESO unha charla formativa sobre os riscos que pode ocasionar un uso inapropiado das novas tecnoloxías.

Juan, Lover, Marcos e Manuel prepararon unha sesión sobre algúns dos problemas máis frecuentes asociado aos móbiles: a sextorsión ou chantaxe coa ameaza de divulgar fotos ou vídeos de contido sexual. A través dunha presentación, de material audiovisual e de exemplos coñecidos e publicados na prensa, explicaron en que consiste, cales poden ser as consecuencias, como se podería evitar e remataron dando unha serie de consellos para facer un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías.

O alumnado de 1º ESO mostrouse moi interesado e moi participativo, comentando outros casos coñecidos e facendo preguntas ben acaídas.

Día da Internet Segura

Cada 6 de febreiro celébrase o Día da Internet Segura. Trátase dun evento internacional que se organiza co obxectivo de promover un uso seguro e positivo de internet, especialmente entre a xente máis nova. En España, o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) ofrece numerosos recursos para mellorar a nosa seguridade dixital. Tamén ofrece varias canles de comunicación para comunicarte con eles se precisas axuda.

Día Internacional da Seguridade da Información

Cada 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Seguridade da Información. Pensamos que é un bo momento para insistir na importancia de coidar os nosos datos e a nosa identidade dixital, e para iso creamos unha páxina con xogos e novas que de seguro vos interesarán, tanto se sodes xente nova como non tanto.

Pincha na imaxe para descubrila!

 

Guía de mediación parental

Presentámosvos a guía de mediación parental creada polo INCIBE e traducida ao galego por compañeiros/as do IES Aquis Celenis. Trátase dun documento que pode axudar a xestionar o uso do móbil e outros dispositivos no ámbito familiar. Nos documentos adxuntos atoparedes diferentes modelos de pactos familiares relacionados con esta guía. Agardamos que vos guste e poidades sacarlle partido.

 

 

Ciberseguridade no cole!

O pasado mércores, 18 de outubro, dez alumnos de 1º ESO A e B participaron na 3ª edición do concurso Ciberseguridade no cole!

Distribuir contido


by Dr. Radut