CASA DA GRAMÁTICA

Certame literario Antón Avilés de Taramancos

    

Vén de convocarse o VIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. Poderán concorrer todas as persoas, maiores de idade, cun único traballo en galego inédito, encadrado no relato de aventuras.
Establécese un único premio de 3000 €, ademais dunha escultura do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra. Os traballos serán remitidos ao enderezo do Concello de Noia. O prazo para a presentación dos orixinais remata o día 17 de abril de 2009.
O Certame está convocado polo Concello de Noia e organizado pola revista Casa da Gramática  coa colaboración da Xunta de Galicia. O ilustrador lucense Xulio Gayoso foi desta volta quen deseñou o cartaz anunciador.
Bases completas facendo clic nesta ligazón.

 

Premios da asociación cultural BARBANTIA

 

 A asociación cultural BARBANTIA xa ten os 12 finalistas candidatos a recoller os premios dos sirenos de bronce nesta edición.
No apartado de iniciativa cultural no Barbanza, entre os aspirantes atópase a revista do Instituto
A Casa da Gramática.
Na sección da traxectoria cultural no Barbanza, está nomeado Xoán Mariño Reino, profesor neste centro. 
Dende aquí, ademais de felicitar os nominados, queremos mostrar todo o noso apoio para que finalmente acaden un galardón do que son ben merecedores.
<ver máis>


Presentación

                    

11/1/2008: A Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia e a asociación cultural Barbantia, presentaron o número 30 da Revista e mais o libro Voces na Historia, onde se recollen as actas da V Semana da Historia de Noia, organizadas, en colaboración co Concello de Noia, na pasada primavera. No acto, que se desenvolveu ás 20:30 horas na aula Álvaro de las Casas, do IES Virxe do Mar, falaron  Xerardo Agrafoxo, historiador e socio de Barbantia, o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero, a concelleira de cultura, Loli Caramés e o profesor do centro Xabier Castro membro da equipo editorial da revista. <nova na prensa> 


MARÍA MARIÑO CAROU. LETRAS GALEGAS

COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS, CASA DA GRAMÁTICA VÉN DE EDITAR ESTE NÚMERO 29 DEDICADO Á POETA NOIESA AUTORA DE PALABRA NO TEMPO E VERBA QUE COMENZA 

Distribuir contido