PREMIO ACCESIT NA OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Estamos de noraboa! A nosa alumna de 4º de ESO Belén Moldes conseguiu o premio accesit de 4º de ESO na VII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o mércores 17 na Facultade de Bioloxía en Santiago.

Parabéns Belén!

VISITA CULTURAL AO MOSTEIRO DE OSEIRA

O martes 23 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato e de 2º de Bacharelato que cursa Literatura Universal  visitará o Mosteiro de Oseira (igrexa, claustros, sala capitular e biblioteca) na actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia.

A actividade desenvolverase de 8:25 a 14:05 h.

OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 3º ESO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O martes 16 de febreiro de 2016 o alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro de serigrafía impartido por Andrea Fernández de La Platanera.

A sesión teórico-práctica desenvolvida introduciu ao alumnado nesta técnica de impresión a trávés dunha demostración das diferentes fases do proceso.

Os/as alumnos/as realizaron cadansúa serigrafía que puideron complementar e personalizar cuns selos tallados en goma con técnicas xilográficas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

SENSORES PARA TODOS

O alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato obtivo o primeiro premio no concurso "Sensores para todos" organizado por Igaciencia en colaboración coa S. X. de Política Lingüística.

O traballo presentado é un sensor localizador de zonas escuras que combina unha pequena cámara, unha placa Arduino, unha Raspberry Pi, e diversos compoñentes electrónicos; todo montado sobre unha estrutura traccionada con motores de continua.

O alumnado participante ideou, deseñou, construiu e programou o robot no contexto dun proxecto interdisciplinar, no que destaca, á marxe da gran calidade do resultado final, o nivel de implicación e iniciativa persoal e o interese por ampliar coñecementos.

O alumando de 4º ESO que cursa Tecnoloxía, recibiu neste mesmo certame unha mención especial ao conxunto dos seus traballos.

As propostas presentadas regulan o comportamento de sensores e actuadores mediante o uso dunha placa Arduino e diversos programas escritos polo propio alumnado.

A nova no portal da Xunta de Galicia.

El Correo Gallego: "Brión rinde homenaxe ao alumnado do IES polos triunfos nos premios de robótica".

BLACK SHADOW

Black Shadow é unha curtametraxe realizada no curso 2014/15 polo alumnado que asistiu ao taller de cine do IES de Brión que dirixe a profesora Ana Cadenas. Este traballo foi concibido e realizado integramente polo alumnado participante (guión, gravación, montaxe, música…) con recursos escasos, pouco tempo, presuposto cero e moita colaboración por parte de alumnado e profesorado.
De que vai? Pois do último día de clase dun profe de inglés . Tedes que vela.

A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC

Dentro do programa " A ponte entre o ensino medio e a USC", no que participa o IES de Brión están programadas as seguintes actividades:

Charlas temáticas:

  • " Impacto do radón en Galicia", impartida por Dolores Cortina Gil, o 14 de xaneiro de 11:15 a 12:05 para o alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato.
  • "Modelado 3D de obxectos reais por xóvenes escolares", impartida por Juan Ortiz Sanz, o 27 de xaneiro de 10:25 a 11:15, para o alumnado de 4º de ESO.
  • " O control da información nos medios de comunicación: a censura e a manipulación", impartida por Xosé Soengas, o 5 de febreiro de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
  • " A ponte entre o ensino medio e a USC", o 11 de febreiro de 11:15 a 12:05, para o alumnado de 1º  e 2º de Bacharelato.

Visita á USC, o día 3 de febreiro de 9:15 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

A CRIATURA

O alumnado de Literatura Universal de 2º de Bacharelato realizou unha intervención sobre o mítico personaxe de Frankenstein. A novela gótica, titulada Frankenstein, ou o moderno Prometeo, de Mary Shelley, é de lectura obrigada para os alumnos que preparen esta materia para a Selectividade. Deste xeito, os rapaces e rapazas ambientaron unha suposta chegada do monstro a Brión -de aí a monteira característica desta zona- cun toque de humor e surrealismo que destacase as características da criatura: a súa bondade e inocencia inicial, o rancor cara ao seu creador, etc. Un dos obxectivos desta pequena intervención é visibilizar unha materia moi descoñecida para o alumnado do centro e fomentar a lectura de obras clásicas universais. Agradecementos a todos pola vosa axuda e comprensión.

ABALAR MÓBIL. GUÍA PARA ÁS FAMILIAS

VOLVE RADIO emBRIÓN

RADIO emBRIÓN comeza unha nova andadura repasando co alumnado o máis salientable da primeira etapa.

Accede ao programa

EXCELENTES RESULTADOS DOS ROBOTS DE BRIÓN NA COMPETICIÓN ESCOLAR DE ROBÓTICA DA OSHWDEM

Durante a mañá do xoves 5 de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou na Competición Escolar de Robótica OSHWDem 2015, que tivo lugar na Domus da Coruña. Desde o instituto participaron catro equipos en dúas categorías (1 libre e 3 renacuajo) na competición denominada como segueliñas. 

Robots finalistas da competición

Robot deseñado polo alumnado de 1º de Bacharelato

Despois de dúas roldas eliminatorias, os catro equipos de Brión conseguiron clasificarse para a final, quedando entre os seis primeiros. Na categoría renacuajo os 3 equipos de Brión, quedaron nos 1º, 2º e 3º postos.

Na clasificación xeral, o robot deseñado e construído polo equipo de 1º de Bacharelato acadou un estupendo 2º posto.

 

A nova na prensa:

O  seguimento da competición no twitter da OSHWDem:

OSHWDem_1 OSHWDem_2
OSHWDem_3 OSHWDem_4
OSHWDem_5

Parabéns para todo o alumnado de Brión participante.

Distribuir contido