CONFERENCIA SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

29/11/2013 12:25
29/11/2013 14:00
O equipo de normalización e dinamización lingüística organiza a conferencia do profesor Manuel Quintáns sobre a figura e obra de Roberto Vidal Bolaño o venres, 29 de novembro do 2013 de 12:25 a 14:00 horas, na aula de usos múltiples, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

ENERXÍAS RENOVABLES EN SOTAVENTO

03/12/2013 08:35
03/12/2013 17:30

Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizan a visita ao parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o vindeiro martes, 3 de decembro do 2013. O parque eólico da a coñecer as enerxías renovables, contando con:

 

  • Maquetas e equipos enerxéticos: pila de combustible, enerxía eólica, hidráulica, solar, aforro e eficiencia enerxética.

  • Instalacións reais: enerxía eólica, solar térmica e fotovoltaica.

  • Paneis explicativos: todas as enerxías renovables, aforro e eficiencia.

  • Vivenda bioclimática: Proxecto Cooperativo Científico Tecnolóxico, Singular e de Carácter estratéxico de Demostración da viabilidade Técnica e Económica do uso Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE.

IV DÍA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA EN GALEGO

   

O 4 de novembro celébrase o IV a da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale.

As cúpulas construídas en 1º, 2º e 4º de ESO puideron verse na entrada do centro durante toda a semana.

      
   
 

Desde o IES de Brión querémosvos propor unha serie de actividades coas que poderedes descubrir algo novo desta interesante relación.

Fuller, precursor do desenvolvemento sostible

Actividade proposta polo Departamento de Tecnoloxía, orientada ao alumnado de 4º ESO.

Fuller e as primeiras vivendas bioclimáticas

 

Actividade proposta polo Departamento de Tecnoloxía, orientada ao alumnado de 4º ESO.

Sargadelos, historia dun proxecto industrial en Galicia

 

Actividade proposta polo Departamento de Tecnoloxía, orientada ao alumnado de Tecnoloxía Industrial I

As cúpulas de refugallo

 

Actividade proposta polo Departamento de Tecnoloxía, orientada ao alumnado de 2º ESO

Constrúe a túa propia cúpula xeodésica

 

Actividade proposta polo Departamento de Debuxo, orientada ao alumnado de 1º ESO.

A orixe das formas. Seminario Sargadelos

Actividade proposta polo Departamento de Debuxo, orientada ao alumnado de 4º ESO.

Correspondencia matemática

 

Actividade proposta polo Departamento de Debuxo, orientada ao alumnado de Bacharelato.

Cadeiras 

 

Actividade proposta polo Departamento de Debuxo, orientada ao alumnado de 4º ESO.

 Isaac Díaz Pardo, Buckminster Fuller e Florence Nightingale

 

Actividade proposta  polo departamento de Tecnoloxía, para alumnado de 4º de Informática consistente na elaboración dun programa de radio en emBrión.

Videoconferencia con Jorge Mira

 

Actividade proposta polos departamentos de Física e Matemáticas para o alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Física e Química.

 

 

 

VIDEOCONFERENCIA DE JORGE MIRA

12/11/2013 12:30
12/11/2013 13:30

Os departamentos de Física e Química e Matemáticas organizan para o alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e 2º de Bacharelato de Física e Química a Videoconferencia con Jorge Mira Pérez, programada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística co gallo da celebración do IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.


A videoconferencia leva por título: "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol".

Jorge Mira é Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e divulgador científico en diversos medios de comunicación (TVG, Radio Galega, La Voz de Galicia).

 

ENTREVISTA A VICTOR FREIXANES

 

 

Os alumnos de 1º de ESO A, na materia de Proxecto Interdisciplinar,
fíxéronlle unha entrevista a Víctor Freixanes, escritor, editor,
xornalista e profesor que nos contou moitas cousas da sua vida e do seu
traballo.

 

 

 


VISITA BIBLIOTECAS

29/10/2013 12:25
29/10/2013 18:00

A Biblioteca organiza  a visita á Biblioteca América e á Concepción Arenal en Santiago para o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 4º de ESO

TEATRO DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

10/10/2013 11:15
10/10/2013 14:00

O departamento de Lingua Galega e a Biblioteca organizan a asistencia á representación da obra "Touporroutou da lúa e o sol "de Roberto Vidal Bolaño para o alumnado de 1º de ESO, o día 10 de Outubro do 2013

CALENDARIO ESCOLAR 2013/14

Setembro

16 Comezo do curso escolar 2013/14

27 Día non lectivo. Santa Minia

Outubro

31 Día non lectivo. Día do Ensino

Novembro

1 Día non lectivo. Todos os Santos

Decembro

6 Día non lectivo. Día da Constitución

22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal

Xaneiro

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7,8  Vacacións de Nadal

Marzo

3, 4, 5 Vacacións de Entroido

Abril

14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21  Vacacións de Semana Santa

Maio

1 Día non lectivo. Festa do traballo

29 Día non lectivo. Ascensión

Xuño

20 Remate das clases

Accede á orde pola que se aproba o calendario escolar 2013/14

CALENDARIO DE SETEMBRO

Exames de setembro: días 2, 3 e 4 [+ info]

Entrega de notas: día 6 ás 11:00 h.

Reclamacións: día 6 de 11:00 h. a 13:00 h. e día 9 de 10:00 h. a 13:00 h.

Último día de matrícula: día 10 [+ info]

Presentación do alumnado de 1º ESO e 2º ESO: día 16 ás 12:00 h.

Presentación do alumnado de 3º ESO, 4º ESO e bacharelato: día 17 ás 10:00 h.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

  

A alumna Ana Souto Villanustre ven de obter o Premio Extraordinario de Bacharelato

convocado pola Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Parabéns, Ana, por este novo éxito.

Distribuir contido