VIDEOCONFERENCIA DE JORGE MIRA

12/11/2013 12:30
12/11/2013 13:30

Os departamentos de Física e Química e Matemáticas organizan para o alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e 2º de Bacharelato de Física e Química a Videoconferencia con Jorge Mira Pérez, programada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística co gallo da celebración do IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.


A videoconferencia leva por título: "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol".

Jorge Mira é Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e divulgador científico en diversos medios de comunicación (TVG, Radio Galega, La Voz de Galicia).