FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 22 de maio do 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Para todo o alumando que cumpra os requisitos da convocatoria

FONDO PARA MATERIAL ESCOLAR: Para todo o alumnado que cumpra os requisitos da convocatoria

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES REMATA O 23 DE XUÑO DO 2017

PREMIOS NO XIV CERTAME LITERARIO DE NARRATIVA E POESÍA DO CONCELLO DE AMES

No XIV Certame Literario do Concello de Ames foron premiados os alumnos:

Daniel Souto Pazó, 1º premio en narrativa, na modalidade de ata 13 anos, coa obra Vía Libre

Manuel Xiraldez Leal, 1º premio en poesía, na modalidade  de 14 a 17 anos, coa obra De amor en vela

Parabéns ao alumnado

certame literario ames

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017

pasado sábado 6 de maio o instituto foi convidado a participar pola rede de clubs de Ciencias Glu-on ao Día da Ciencia na Rúa celebrado no parque de Santa Margarita en A Coruña e organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Na jaima de Glu-on presentáronse proxectos tecnolóxicos de Ferrol, Ortigueira, Valdoviño, Vigo e Brión.

Unha representación do alumnado da modalidade científico-tecnolóxica de 1º de Bacharelato do centro expuxeron ao longo de toda a xornada, a unha grande afluencia de público, algúns dos proxectos nos que están a traballar durante este curso:  Interpretación virtual interactiva e deseño e modificación de robots.

Día da Ciencia na Rúa na prensa:

La voz de Galicia: "Cientos de estudiantes participan en el día de la Ciencia en la calle"

La opinión: "A Coruña rinde homenaje a la investigación científica"

El ideal gallego: "El día de la Ciencia en la calle se celebrará con 50 jaimas"

Microsiervos: "XXII Día de la Ciencia en la calle"

Save

Save

Save

Save

OLIMPIADA GALEGA DE MATEMÁTICAS

olimpiada galega de matemáticas

O alumno Daniel Souto Pazó, de 2º de ESO foi clasificado para a fase final da Olimpiada Matemática Galega, que terá lugar en Lugo o vindeiro 18 de maio, organizada por AGAPEMA Asociación Galega de profesorado de Educación matemática

Parabéns e moita sorte na final!

O IES DE BRIÓN NA III COMPETICIÓN DE ROBOTS DA EEI DE VIGO

Éxito do alumnado do IES de Brión na III competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que contou con máis de 800 participantes e 160 equipos nesta edición.

imaxe_grupo_IIIcompeticionrobots

Os equipos de 4º de ESO "Brión 3", "Brión 4" e "Brión 5" foron clasificados nos respectivos tapices para a final, quedando entre os 12 primeiros na rolda clasificatoria, preparándose para competir nunha reñidísima final na que  acadaron os 2º, 1º e 4º postos, respectivamente.

Os equipos de 1º de Bacharelato "Brión 1" e "Brión2" tiveron unha excelente participación, clasificándose "Brión 2" para a final.

Parabéns ao alumnado polo traballo realizado e por compartilo!

Prensa:

Código Cero: A Competición de Robots reuniu a máis de 800 mozas e mozos na Escola de Enxeñería Industrial

La Voz de Galicia: Ochocientos estudiantes gallegos compiten en Vigo con sus robots

Praza: Wall-E e R2D2:Estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots en Vigo

Atlántico: 800 escolares de toda Galicia llevan sus robots al campús

DUVI: Os androides máis creativos mediron as súas forzas no campus

 

Save

OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS

A ANPA do IES de Brión retoma a actividade da Escola de Nais e Pais o vindeiro mércores 26 de abril, ás 18:30 no Salón de Actos do instituto co tema "OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS".

Na actividade intervirán  o profesor Elisardo Becoña, director da Unidade de Tabaquismo e Trastornos adictivos da USC, que falará dos problemas adictivos que pode xerar Internet. De seguido, sobre as 19,30h, intervirá o formador da Garda Civil Óscar Rey, quen amosará as conductas de risco que a cotío empregan os adolescentes na rede, para axudarnos a estar alerta.

Para acceder á información completa, preme na seguinte ligazón

OBRADOIROS

Ao longo de toda a semana e de forma máis concentrada durante os días 4 e 5 de abril organizáronse no centro obradoiros de temáticas variadas nos que o propio alumnado e/ou monitores impartiron actividades como:

  • Makey makey
  • Papiroflexia
  • Regueifas
  • Robótica
  • Serigrafía
  • Xabóns
  • Xogos variados
  • Cociña
  • Física de partículas

Save

Save

Save

Save

JUVENES TRANSLATORES. MENCIÓN ESPECIAL

O alumno de bacharelato Lois Meira López obtén unha mención especial no concurso de tradución Juvenes Translatores da Comisión Europea.

Parabéns a Lois e aos outros concursantes de 2º de Bacharelato.

No enlace, pódense consultar todos os detalles: lista de gañadores por países, textos orixinais e traducións premiadas.

https://ec.europa.eu/info/juvenes-translatores

TÍTULOS DE SECUNDARIA E BACHARELATO

Desde o día 16 de febreiro de 2017, pódense recoller na oficina de administración do IES de Brión os títulos de Secundaria e Bacharelato correspondentes ao alumnado que rematou estes estudios no ano 2014.

ACCÉSIT DE 4º ESO NA FASE GALEGA DA VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Un ano máis estamos de noraboa!

Esta vez foi Alberte X. López Freire Accésit de 4º ESO na VIII Olimpíada de Xeoloxía convocada por AEPECTGALICIA que demostrou que a Xeoloxía se move no IES de Brión.

Parabéns Alberte!

Save

Distribuir contido