SORTEO RIFAS DA VIAXE FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O venres 20 de abril celebrouse  no instituto o sorteo das rifas que vendeu o alumnado de 4 °ESO pro-viaxe fin de etapa. O número premiado foi o:    0022

sorteo_4_ESO_2018

Sorteábase un circuito termal para dúas persoas no Balneario Compostela e un almorzo ou merenda para dúas personas na Panadería La Canela. 

A persoa gañadora debe poñerse en contacto co instituto.

XORNADA ESCOLAR PARA UN USO SEGURO E RESPONSABLE NA REDE

O mércores 25 de abril de 12:25 a 14:05 os grupos de 1º B (de 12:25 a 13:15) e 1º C (de 13:15 a 14:05) de ESO terán un taller sobre uso seguro e responsable na rede impartido por Internet Segura for kids dentro das Xornadas Escolares para un uso seguro e responsable na rede. A xornada completarase cunha sesión de formación para o profesorado.

uso seguro na rede                                                            

STEMlab Galicia

O vindeiro venres 20 de abril alumnado de 4º ESO visitará a feira STEMlab Galicia, nunha saída organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química. STEMlab Galicia celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e reunirá 19 experiencias de diferentes centros educativos desenvolvidas no contexto STEM, así como obradoiros, espazos maker e conferencias de persoeiros de prestixio.

O sábado 21 o IES de Brión estará de novo presente na Xornada de Educación Dixital coa presentación do traballo por proxectos no contexto STEAM realizado no noso centro ao longo destes últimos anos. Esta charla está relacionada coa solicitude do proxecto Erasmus + K201 "Human STEAM Lab 2.0" en colaboración con diversas institucións e centros de ensino europeos.

ENTREGA DE PREMIOS JUVENES TRANSLATORES

Pablo Villar Abeijón (2ºBac) viaxou a Bruxelas para recibir o seu premio como gañador español do concurso europeo de tradución Juvenes Translatores. Alí reuníuse cos outros galardonados, os mellores traductores xoves da Unión Europea, un por cada país da Unión.

A ceremonia foi o día 10 de abril na Sala Gasperi da Comisión Europea – un lugar impresionante para un evento entrañable e multilingüe. O Comisario Günther H. Oettinger e o Subdirector Xeral da Dirección Xeral de Traducións, Christos Ellinides, foron os encargados de entregar os premios.

Para acceder ao vídeo da Ceremonia accede á seguinte ligazón: Vídeo da Ceremonia en Facebook (Minuto 1:12 Entrega de Pablo Villar Abeijón).

Entrevista a Carolina Bescansa en RADIO emBRIÓN

Carolina naceu en Santiago, estudou no IES Rosalía de Castro. Profesora na UCM de socioloxía e ciencia política. Participou na fundación de Podemos no 2014. A día de hoxe é deputada por Madrid no congreso e secretaria de análise político e social de Podemos.
Participaron na entrevista @s alumn@s de 1º de ESO Valeria Torres e Xosé García, Dakota Esparís e Yolanda García de 2º de ESO, Jessica Ramos de 3º de ESO, a orientadora Carmen Garabal, a profesora Noa Carrera e o delegado sindical de CCOO-Ensino e doutor en pedagoxía Rubén Torres.

Save

Save

I CERTAME LITERARIO. MAIO EN BRIÓN

BASES:

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES de Brión no curso 2017/18 cun máximo de tres traballos, un por cada unha das modalidades. Esta cita está pensada para conmemorar o 17 de Maio, así que a lingua empregada será o galego.

2. Os traballos tomarán como referencia o lema do certame: "As mulleres da miña vida".

3. MODALIDADE DE RELATO CURTO. Establécense dúas categorías:
- CAT A (1º, 2º e 3º de ESO)
- CAT B (4º de ESO e BACH)
A extensión dos traballos oscilará entre as dúas e as catro páxinas, cun corpo de letra 12 e interliñado 1,5.

4. MODALIDADE POESÍA. Establécense dúas Categorías:
- CAT A (1º,2ºe 3º de ESO)
- CAT B (4º de ESO e BACH)
Os traballos contarán cun mínimo de 20 versos.

5. MODALIDADE DE ENSAIO. Establécense dúas categorías:
- CAT A (1º,2ºe 3º de ESO)
- CAT B (4º de ESO e BACH)
A extensión dos traballos oscilará entre as dúas e as catro páxinas, cun corpo de letra 12 e interliñado 1,5.

6. ENTREGA DOS TRABALLOS. A data límite para participar no certame é o 30 de abril. Os traballos deberán entregarse en conserxería no interior dun sobre, que no exterior indicará só o lema do Certame Literario. Irán asinados únicamente cun pseudónimo xunto á categoría á que pertence. No interior doutro sobre máis pequeno deberá figurar a identidade real da autora ou autor.

7. PREMIOS. O xurado elixirá tres premios por cada categoría, en cada unha das tres modalidades.
1º Premio: 60 €
2º Premio: 40 €
3º Premio: Lote de material

O fallo do xurado darase a coñecer a véspera do 17 de maio.

Organizan o IES de Brión e a ANPA Pedra Viada.

Save

PROFESORADO EUROPEO VISITA O IES DE BRIÓN

O pasado mércores día 14 de marzo, profesorado procedente de diferentes países de Europa visitou o noso centro acompañado por Concepción Fernández Munín, asesora TIC do CAFI.  Este profesorado, está integrado nun proxecto Erasmus + K2  sobre STEM Capacity Building e por tanto especialmente interesado en coñecer as metodoloxías aplicadas ao desenvolvemento das materias STEM.

Ao longo da mañá alumnado de ESO e Bacharelato presentou unha mostra dos proxectos que están desenvolvendo nas aulas. As explicacións (desta volta en inglés) incluíron temas tan diversos como programación, robótica, electrónica, modelado e impresión 3D, tratamento e manipulación de imaxe dixital e técnicas de reprodución múltiple de imaxes, así como unha breve introdución ás comunidades e plataformas virtuais que empregan habitualmente.

  

Save

Save

Save

Save

Save

Save

A FENDA DE XÉNERO NO MUNDO DAS TIC

Carmen Trigo Cobas, alumna de 2º de Bacharelato interviu na mesa redonda "A fenda de xenero no mundo das TIC" organizada polo Museo do Pobo Galego o pasado martes 13 de marzo dentro dos actos conmemorativos do Día da Muller. A mesa, presentada por Encarna Otero Cepeda, contou ademáis coa presenza de Luz Ramos López, profesora de Tecnoloxía no noso centro, Carmen García Mateo, profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e Sonia Lois García, actual Directora Xeral de Coremain.

Carmen Trigo e Luz Ramos expuxeron, cada unha dende a súa perspectiva, a situación respecto da fenda dixital de xénero no ensino secundario, as súas causas e as accións que se están a desenvolver para mudar esta situación.

O acto pechouse coa intervención do coro Son Elas.

Save

Save

Save

MIRANDA E OS PEIXES

“Miranda e os peixes” é unha curta realizada por alumnado de Imaxe e Son a partir dun relato homónimo escrito por Ismael Ramos. Este texto foi galardoado en 2012 co 2º premio na 3ª categoría da modalidade narrativa no IX Certame Literario do Concello de Ames. Participan na adaptación, dirección, produción e realización Marta Fabeiro, Lucía Martínez, Alba Rey, Carmela Vieites, Estefanía Villa e Pablo Villar.

Save

Save

8 de marzo, Día Internacional da Muller na biblioteca

O 8 de marzo celébrase a nivel internacional o Día da Muller. Unha data para reivindicar a participación da muller na sociedade en igualdade cos seus conxéneres masculinos.

Na biblioteca sumámonos a esta conmemoración cunha exposición bibliográfica e audiovisual. Cunha especial presenza de títulos de Banda Deseñada, na exposición tamén atoparás novela, ensaio e cine. Asemade, o menú de lecturas semanais tamén está centrado nesta temática.

A que esperas, achégate a biblioteca e retira en préstamo aquelas obras que desexes.

Porque, coñecer é fundamental para construir a igualdade entre todas e todos!

Distribuir contido