PROFESORADO EUROPEO VISITA O IES DE BRIÓN

O pasado mércores día 14 de marzo, profesorado procedente de diferentes países de Europa visitou o noso centro acompañado por Concepción Fernández Munín, asesora TIC do CAFI.  Este profesorado, está integrado nun proxecto Erasmus + K2  sobre STEM Capacity Building e por tanto especialmente interesado en coñecer as metodoloxías aplicadas ao desenvolvemento das materias STEM.

Ao longo da mañá alumnado de ESO e Bacharelato presentou unha mostra dos proxectos que están desenvolvendo nas aulas. As explicacións (desta volta en inglés) incluíron temas tan diversos como programación, robótica, electrónica, modelado e impresión 3D, tratamento e manipulación de imaxe dixital e técnicas de reprodución múltiple de imaxes, así como unha breve introdución ás comunidades e plataformas virtuais que empregan habitualmente.

  

Save

Save

Save

Save

Save

Save