DÚAS LÚAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

axudasle

Convócadas as axudas para a realización de activades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de marzo.

Para máis información acceder: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Acceso ao cartel informativo

Save

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN

campus_científico_2018

Convócanse os Campus Científicos de Verán co obxectivo de potenciar o interese dos estudiantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, participando en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 13 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 1  e 28 de xullo de 2018.

Campus Científicos de Verán aposta polo fomento das vocacións científicas entre os xóvenes e ofrece a os seus participantes a oportunidade dun contacto directo coa labor diaria dos investigadores nun ambiente universitario e multicultural, que lles axudará a definir a súa  proxección futura de estudos. Ademáis, os participantes nos Campus poderán disfrutar de actividades complementarias científico-culturais  e de ocio.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de marzo. Para máis información, preme en https://www.campuscientificos.es/

Save

Save

Save

Save

Save

Save

WISIBILÍZALAS 2017/18

Un ano máis o IES de Brión ve recoñecida a súa aposta pola visibilización das mulleres no ámbito das STEAM na segunda convocatoria do certame Wisibilízalas da Universitat Pompeu Fabra. Unha páxina web elaborada por alumnado do noso centro foi incluída na listaxe "TOP 10", unha escolma dos mellores traballos presentados.

Preme na imaxe para acceder á información completa.

Save

Save

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO IES DE BRIÓN NA V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Unha representación do alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Brión participou na V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA. O alumnado tivo a oportunidade de amosar o seu interese pola Filosofía e o pensamento critico nuns tempos nos que cada vez están cada vez máis arrinconados.

1º CAMPIONATO DE XADREZ DO IES DE BRIÓN

Desde o depto de dinamización lingüística organizamos este primeiro campionato no que se anotararon dezanove alumnos/as de tódolos cursos, desde 1º de ESO a 2º de BACH.

A aprendizaxe do xadrez fomenta beneficios en todas as idades xa que ten características que favorecen o exercicio e desenvolvemento de aptitudes mentais: concentración da atención, memoria ( asociativa, cognitiva, selectiva e visual ), abstración, razoamento e coordinación son algunhas delas.

O xadrez pode converterse nun colaborador da formación do pensamento científico aproveitando a capacidade lúdica do ser human, implica a posta a proba da hipótese que deberá verificar ou descartar, supón a aplicación de estratexias en función do obxectivo a conquerir.

Despois de varias eliminatorias nos recreos, e con grande éxito de público, chegaron á final os alumnos de 2º de BACH Simón García-Bodaño e Iago López na que gañou o primeiro. O premio son dúas entradas para o cine. Parabéns a Simón e a todos os que participaron e ata a segunda edición !

12 ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º ESO PARTICIPAN NA FASE GALEGA DA IX OLIMPÍADA DE XEOLOXIA

Unha representación do alumnado de 4º de ESO participou o pasado mércores día 7 de febreiro na fase galega da IX olimpíada de xeoloxía en Santiago de Compostela. Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Marta Rodríguez Lorenzo que conseguíu o premio Accesit para 4º ESO pola provincia da Coruña. Parabéns Marta!

Save

Breaking news! Última hora!

Departamento de inglés: máis boas noticias!

Despois da gran satisfacción do premio a Pablo Villar (2ºBAC) como gañador español de Juvenes Translatores 2017, chega agora unha mención especial no mesmo concurso para

CARMELA VIEITES FIGUEIRAS (2º BAC)

Parabens!

Según o comunicado de prensa da Comisión Europea publicado onte, venres, 2 de febreiro de 2018:

O gañador español do concurso de tradución da Comisión Europea, celebrado en todolos países da UE, no que participou os noso centro, IES de Brión, Juvenes Translatores 2017 é …

PABLO VILLAR ABEIJÓN 2ºBAC B

Noraboa!

WISIBILÍZALAS

Alumnado de TIC I e TIC II de 1º e 2º de Bacharelato coa colaboración do alumnado de EPVA de 4º de ESO participa na 2ª edición de Wisibilízalas, unha convocatoria do  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  •     Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
  •     Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
  •     Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía

A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas e latinoamericanas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.

O alumnado participa con tres propostas de páxinas web:

"Mujeres TIC gallegas en la educación":  Web na que se visibiliza o papel de catro mulleres que pertencen a diferentes ámbitos da educación (universidade, primaria, secundaria, formación e innovación) e que desenvolven proxectos relacionados coas TIC.

"Wisibilízalas: Mulleres galegas": Web creada en html5, con recursos gráficos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO, na que se da a coñecer a mulleres referentes nas TIC en Galicia que desenvolven a súa actividade profesional na universidade, na investigación ou na empresa.

"Mujeressteam": Web na que se destaca o perfil de seis mulleres españolas e latinoamericanas relacionadas con áreas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Na web foron empregados fondos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO.

Dende o IES de Brión, queremos expresar o noso agradecemento a todas as mulleres que colaboraron neste proxecto.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Desafío STEM

Os proxectos presentados polo alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico ao Desafío STEM 2017 da Fundación Telefónica veñen de entrar na súa terceira fase.

Podes obter máis información sobre os traballos presentados premendo en cada unha das seguintes imaxes.

Se crees que os proxectos son interesantes podes colaborar co teu voto.

  

Save

Save

Save

Save

Distribuir contido