A MÁIS LINDA

Catro alumn@s de 4ºA fixemos este corto inspirado no relato "A Máis Linda" do libro BONUS TRACK de Rosalía Fernández Rial. Forma parte dun proxecto que fixemos todo o alumnado sobre este libro na clase de galego. Divididos en grupos, cada grupo tiña que facer un traballo distinto sobre as diferentes historias de BONUS TRACK. O guión e a grabación realizáronse durante dúas sesións, e foi editado en casa.

Clara, Iria, Silvia e Javi.

SAÍDA 4º ESO 2017/18

O pasado 24 de abril, o alumnado de 4º ESO iniciamos a nosa viaxe de fin de etapa, que este ano foi a Cantabria; na compaña dos profesores Nanina Santos, Suso Sambade e Noa Carrera, e grazas a organización de Carmen García. Poidemos desfrutar de distintas actividades, tanto lúdicas como culturais: as covas de Altamira e do Soplao, Santillana del Mar, Santander, o Parque da Natureza de Cabárceno, Fuente De, ademais do descenso en canoa do río Deva e o parque de aventura en árbores de Colombres. Foi unha experiencia inesquecible, aprendemos moito e pasámolo xenial!!

Save

Saída do alumnado de 4º ESO 2017/18 from IES de Brión on Vimeo.

Save

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Foto: Lidia Quintela

Foto: Lidia Quintela  

O pasado venres 25 de maio tivo lugar no IES de Brión o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.

O director do centro entregou un diploma acreditativo da concesión de Matrícula de Honra ás alumnas Belén Moldes Pais e Carmela Vieites Figueiras, así como dez Mencións Especiais ao alumnado con excelente expediente académico.

Accede á galeria de imaxes

Foto: Lidia Quintela  

Save

Save

Save

VOSTOK 9.

Animación realizada por Simón García-Bodaño Vilaseco, Xosé Lois Piñeira e Martiño Lorenzo García na materia de Imaxe e Son (2º Bach).

Save

Save

PREMIOS NO XV CERTAME LITERARIO DE NARRATIVA E POESÍA DO CONCELLO DE AMES

Na modalidade narrativa e categoría de 14 a 17 anos do Certame Literario do Concello de Ames foron premiados:

Carmela Vieites Figueiras, alumna de 2º de Bacharelato, coa obra "Cristo en Esteiro".

Daniel Souto Pazó, alumno de 3º de ESO coa obra "Contos repelentes para adolescentes".

Parabéns!

Certame Literario

VISITA DESDE HONDURAS

Dentro do plan proxecta ” o mundo que queremos ” no que participa o IES de Brión o alumnado de 1º de ESO que xa tivo un obradoiro de fotografía, de radio e de teatro no que traballaron o que necesitamos para chegar a ese mundo que queremos, recibíu estos días a visita de dúas activistas hondureñas polos dereitos humáns, Érika García e Diana Guillén que acompañan a organizacións de mulleres, unha traballa con universitarias e a outra forma a mulleres obreiras das maquilas (fábricas de textil). Integradas no CDM (centro de dereitos de mulleres) que recibiron no ano 2004 o premio nacional de dereitos humáns. Despois pasaron por RADIO emBRIÓN para compartir o seu traballo e as súas experiencias a prol das mulleres no país centroamericano. Grazas por vir desde tan lonxe a estar có noso alumnado e parabéns pola vosa loita por un mundo mellor.

FINALISTAS NO FESTIVAL AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI

A curtametraxe "Dúas Lúas" creada polo equipo de cine do IES de Brión e coordinada pola profesora Ana Cadenas foi seleccionada como finalista no Festival Audiovisual Escolar Olloboi, na categoría de Montaxe.

Parabéns ao equipo de traballo de cine pola nominación e polo traballo realizado ao longo do curso.

Dúas Lúas from IES de Brión on Vimeo.

1º PREMIO NO IV CONCURSO DE ROBOTS DA EEI

O equipo "Brión 1" de 1º de Bacharelato acadou o 1º premio da súa categoría no IV Concurso de Robots da EEI de Vigo logo dunha reñidísima final con contrincantes de moito nivel.

Outros dous equipos de 4º ESO e 1º de Bacharelato chegaron á final logo de varias mangas das probas de segueliñas e sumo.

A organización da convocatoria otorgou ademáis ao IES de Brión un premio pola cantidade e calidade de equipos participantes no concurso.

Parabéns a todo o alumnado polo seu magnífico traballo!

Ver a nova en GCiencia

Ver a nova en Faro de Vigo

Ver a nova en El correo gallego

Ver a nova en Atlántico

Ver a nova no Diario da Universidade de Vigo

Ver a nova na TVG

Save

Save

Save

Save

IV COMPETICIÓN DE ROBOTS

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do ámbito científico- tecnolóxico participa un ano máis na IV Competición de robots convocada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Este curso a a competición celébrase durante a mañán do vindeiro 4 de maio e participan dous equipos de 4º de ESO de dous de 1º de Bacharelato entre un total de 183 equipos participantes.

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC

O grupo de 1º de ESO A participa no Día Internacional das Rapazas nas TIC o xoves, 26 de abril de 11:00 a 12:30.

rapazas_TIC

A actividade consiste nun coloquio virtual con varias mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, das que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria e primaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.

A actividade enmárcase no Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" no que participa o centro desde o curso pasado e está organizada pola aula e-learning do CESGA.

Distribuir contido