PREMIOS PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O venres 29 de setembro tivo lugar a entrega dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2017 na Cidade da Cultura á que acudiron as profesoras Luz Ramos e Ana Santos.

No acto recolleron o accésit outorgado ao centro pola memoria presentada a este certame na que se recompilan os diferentes traballos desenvolvidos no centro ao abeiro do Plan Proxecta.

Este recoñecemento ven a abalar, unha vez máis, a liña metodolóxica de traballo por proxectos incorporada en diferentes materias dende hai anos no noso centro.

A nova no Portal Educativo da Conselleria de Cultura, Educación e O.U.

Save

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. CURSO 2017/18

O día de presentación do curso e recepción do alumnado por parte dos titores será o venres 15 de setembro de 2017. Levarase a cabo en tres quendas:

Das 11:30 ás 12:30

1º de ESO (porta principal)
2º de ESO (porta do patio)

Das 12:15 ás 13:00

1º e 2º de Bacharelato (porta principal)

Das 12:45 ás 13:30

3º de ESO (porta principal)
4º de ESO (porta do patio)

Nota: Hai transporte escolar.
O día 18 xa haberá clases con normalidade.

ENTREGA DE NOTAS

As notas das probas extraordinarias de setembro do alumnado da ESO e 1º de bacharelato entregaránse o vindeiro xoves día 7 ás 10:00 horas.

IES DE BRIÓN. CENTRO E-DIXGAL

O IES de Brión foi seleccionado para participar no proxecto de Educación Dixital E-Dixgal.

O alumnado de 1º e 2º de ESO empregará diferentes materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curricular das seguintes materias:

  • 1º ESO:
    Matemáticas, Lingua Galega, EPVA, Igualdade e Xénero, Programación, Educación en Valores e Relixión.
  • 2º ESO:
    Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Introdución ao Control e Robótica, Investigación e Tratamento da Información, Educación en Valores e Relixión.

O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa.
Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna e/ou proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio.

FOLGA DE TRANSPORTE

O IES de Brión emite unha circular informativa con motivo da folga do transporte de viaxeiros convocada para os vindeiros días 20 e 21 de xuño, e as súas posibles consecuencias no transporte escolar.

Accede ao documento

PREMIO IGACIENCIA 2017

O proxecto "Interpretación Virtual Interactiva" desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I, resultou premiado no certame "Sensores para todos", promovido por Igaciencia.

O luns 19 de xuño, o alumnado desprazouse ao IES Ramón Menéndez Pidal, en A Coruña, para recoller o premio nun acto presidido pola Directora do centro, Mª Estrella Pérez, o Presidente de Igaciencia, Manuel Díaz, o Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Logo da entrega de diplomas, o alumnado tivo a oportunidade de realizar unha breve exposición do seu traballo e unha demostración do funcionamento dos prototipos creados.

Premios de Igaciencia nos medios:

Save

Save

PREMIO DE PINTURA

"A mirada da guerra", de Pedro Gronzo Aniceto, alumno de 4º de ESO, acadou o primeiro premio no duodécimo certame de pintura ¨Negreira en cor", promovido polo Concello de Negreira.

Parabéns!

ANUNCIO DE LICITACIÓN. CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES DE BRIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo. IES de Brión.

b) Obtención de documentación e información. Oficina de Administración.

1) Enderezo: Paseo de Pedrouzos nº 3.

2) Localidade e código postal: Brión, 15865.

3) Teléfono:  881866058.

4) Fax: 881866074.

5) Correo electrónico. ies.brion@edu.xunta.es.

6) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo. Xestión de servizos.

b) Descripción. Servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Brión para o curso escolar 2017/18.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación. Ordinaria.

b) Procedemento. Aberto.

c) Criterios de adxudicación. Oferta económicamente máis ventaxosa e calidade e prezo dos produtos ofertados coa posibilidade de presentación de variantes e melloras.

4. Canon mínimo de licitación:

a) Importe. Unha cantidade de trescentos cincuenta e cinco euros con sesenta céntimos(355,6 €) que o licitador pagará á Consellería de Cultura, Educación e O. U. en concepto de canon pola prestación do servizo.

5. Garantías esixidas. Definitiva: trescentos euros (300,00 €).

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas. 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio. No caso de que o último día fora sábado ou inhábil entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación. Oficina de Administración do IES de Brión.

Brión, 9 de xuño de 2017. O Director do IES de Brión: José Antonio Caneda Vidal

FINALISTAS EN "DESEÑO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS COA FERRAMENTA SCRATCH"

Dous traballos do alumnado de Programación foron seleccionados como finalistas na segunda edición do certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch” convocado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia e ligado ao programa “Aprendo programando” do “Plan proxecta“.

As propostas seleccionadas, este ano ao redor do tema "convivir en igualdade", foron as seguintes:

"Igualdade (the game)" realizado por Sara Molinos Carro, Manuel Fernández Vázquez e Daniel Blanco Sanz.

"As resposta segredas" realizado por Clara García Figueiras e Candela Pérez Tomé.

Parabéns!

Save

Save

Save

Distribuir contido