WISIBILÍZALAS

Alumnado de TIC I e TIC II de 1º e 2º de Bacharelato coa colaboración do alumnado de EPVA de 4º de ESO participa na 2ª edición de Wisibilízalas, unha convocatoria do  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  •     Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
  •     Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
  •     Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía

A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas e latinoamericanas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.

O alumnado participa con tres propostas de páxinas web:

"Mujeres TIC gallegas en la educación":  Web na que se visibiliza o papel de catro mulleres que pertencen a diferentes ámbitos da educación (universidade, primaria, secundaria, formación e innovación) e que desenvolven proxectos relacionados coas TIC.

"Wisibilízalas: Mulleres galegas": Web creada en html5, con recursos gráficos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO, na que se da a coñecer a mulleres referentes nas TIC en Galicia que desenvolven a súa actividade profesional na universidade, na investigación ou na empresa.

"Mujeressteam": Web na que se destaca o perfil de seis mulleres españolas e latinoamericanas relacionadas con áreas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Na web foron empregados fondos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO.

Dende o IES de Brión, queremos expresar o noso agradecemento a todas as mulleres que colaboraron neste proxecto.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Desafío STEM

Os proxectos presentados polo alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico ao Desafío STEM 2017 da Fundación Telefónica veñen de entrar na súa terceira fase.

Podes obter máis información sobre os traballos presentados premendo en cada unha das seguintes imaxes.

Se crees que os proxectos son interesantes podes colaborar co teu voto.

  

Save

Save

Save

Save

PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE "DÚAS LÚAS"

A curtametraxe " Dúas Lúas" creada polo equipo de cine, será presentada a todo o alumnado do IES de Brión o xoves 21 de decembro no seguinte horario:

HORA HORARIO CURSOS
4º hora  11:15 a 12:05   3º e 4º de ESO    
5ª hora 12:25 a 13:15 2º ESO e 1º BACH A
6º hora 13:15 a 14:05 1º ESO e 1º BACH B
Recreos

12:05 a 12:25

2º de Bacharelato

Dúas Lúas. Curtametraxe

Fotos da visita ao Parlamento de Galicia e a exposición "Vida" de Gervasio Sánchez

Alumnado de 2º de ESO na visita ao Parlamento.

Alumnado na exposición de Gervasio Sánchez

TÉ CON KANT. INVERSA TEATRO

Actividade para 2º de Bacharelato

Data: 14/12/17

Hora: 11:00

Lugar: Salón Teatro. Santiago de Compostela

Té con Kant clip 1 from Inversa Teatro on Vimeo.

ACTIVIDADE: Visita ao Parlamento de Galicia e a exposición «Vida» de Gervasio Sánchez.

O próximo venres 15 de decembro os departamentos de Filosofía, Relixión e Galego organizan unha visita ao Parlamento de Galicia e a exposición Vida de Gervasio Sánchez co alumnado de 2º de ESO.

Exposición «Vida» de Gervasio Sánchez. Santiago de Compostela

Taller «La dignidad es lo que importa», con Gervasio Sánchez. Santiago de Compostela

JUVENES TRANSLATORES

Outro ano máis o IES de Brión tivo a sorte de ser selecionado para participar no concurso anual de tradución da Comisión Europea que se celebra conxuntamente en todos os paises de la UE no mes de novembro. Noraboa ao alumnado que se presenta …¡Sorte no concurso!

Save

APRENDENDO A COOPERAR, COOPERANDO PARA APRENDER

   A cooperación é necesaria para vivir en sociedade. Unha sociedade diversa, heteroxénea, plural precisa de equipos que traballen de xeito coordinado. Sabémolo; pero ninguén nace aprendido: só porque nos sentemos a falar en grupos pequenos non significa que traballemos realmente en equipo, temos que aprender a organizarnos, negociar, chegar a acordos, asumir a responsabilidade colectiva necesaria para conseguir un bo resultado para todo o equipo. No IES de Brión estamos niso: por 3º ano consecutivo dende o grupo de traballo de Aprendizaxe cooperativa participamos no programa CA/AC (Cooperar para aprender/Aprender a cooperar).

   A aprendizaxe ten que ser inclusiva e integradora: tod@s podemos aprender de e con tod@s, a heteroxeneidade enriquece: esas son as ideas de base da Aprendizaxe cooperativa. Por iso, dende o grupo de traballo, asesorados por persoal do CAFI de Santiago de Compostela, do CFR de Vigo e da Universidade de Vic, intentamos cooperar entre nós e preparámonos para ensinarlle ao noso alumnado a traballar de xeito cooperativo. Vai aí unha mostra do alumnado de 1º ESO C traballando en equipo.

Ano a ano imos vendo pequenos avances, a seguinte fotografía resume as vantaxes que lle ve o alumnado de 4º ESO B ao traballo en equipo: sobran palabras, puxéronas eles e elas.

DÚAS LÚAS

O venres día 17 de novembro ás 20:00 h, preséntase no IES de Brión a curta "Dúas lúas".

PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA "DESAFIOS STEM: PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA E IMPRESIÓN 3D"

O proxecto IVI ( Interpretación Virtual Interactiva) desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico ven de obter o 1º premIo do Desafío Programacion da categoría senior do Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robotica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U.

Parabéns a Pablo Bouzas Casal, Alex Dosil Souto, Hugo Fiz González Pérez, Ricardo Horta Cadenas, Xosé Lois Piñeira, Javier López Rúa, Lucas Medina Ramos, Carmen Trigo Covas e Manuel Vázquez Dosil.

O proxecto consistiu no deseño e construción dun sistema interactivo que permitise a representación e manipulación dun obxecto 3D en tempo real mediante a información recibida por un sensor.

Elaboráronse dúas variantes, nunha emprégase un ultrasón para definir translacións de figuras, na outra un xiroscopio para definir rotacións.

O traballo abrangue tres grandes áreas:

Obtención e procesado de datos mediante sensores e placa Arduino.

Recollida dos datos a través do porto serie e procesado dos mesmos mediante un script de Python.

Modelado de figuras e asignación de comportamentos mediante sensores e controladores en Blender.

Este proxecto foi desenvolvido cos medios e materiais dispoñibles nas nosas aulas, polo que podería ser reproducido, continuado e mellorado noutros centros co uso do seu material e a documentación elaborada polo alumnado. Calquera persoa interesada podería ampliar o proxecto con novos sensores, outros modelados e optimizar o sistema.

Save

Distribuir contido