Inglés

DEPARTAMENTO DE INGLÉS: CURSO 2023-2024

O departamento de inglés está formado polos profesores:

  • Lidia Sánchez Mata (coordinadora da sección bilingüe de 2ºESO), que imparte Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) en 1ºESO e 2ºESO.
  • Sofía Linares Abella (xefa de seminario), que imparte Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) en 4ºESO e Inglés II en 2º de Bacharelato.
  • Minia Bongiorno García (vicedirectora), que imparte Ámbito de Linguas Estranxeiras en 4ºPDC, Inglés I en 1º de Bacharelato, Inglés II en 2º de Bacharelato e Tradución en 2º de Bacharelato.
  • Miguel Fernández Cacho (coordinador da sección bilingüe de 3ºESO), que imparte Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) en 2ºESO e 3ºESO, Ámbito de Linguas Estranxeiras en 3ºPDC e Afondamento de Inglés en 1º Bacharelato.
  • María Grandal Pereira, que imparte Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) en 4°ESO dentro do programa PROA+.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1ºESO 2023-24

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2ºESO 2023-24

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3ºESO 2023-24

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 4ºESO 2023-24

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1º BACHARELATO 2023-24

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACHARELATO 2023-24

INFORMACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE

CERTIFICACIÓN DOS NIVEIS B1 / B2 / C1 EN INGLÉS

Notición! Que enorme alegría e orgullo que os 28 alumnos e alumnas de 2º Bacharelato que se presentaron ás probas de Oxford e Anglia para certificar o seu nivel de inglés superáronas TODOS e rematan o bacharelato coa súa certificación na man. Nas fotos faltan Eirena e Mateo (C1) e Irene e Alessander (B1/B2). CONGRATULATIONS to all of you!

JUVENES TRANSLATORES 2020

Tras un ano de descanso no que o IES de Brión non resultou seleccionado para participar no concurso de Juvenes Translatores da Comisión Europea, este ano voltamos ter a ser a oportunidade de facelo. Nunhas condicións algo diferentes, pero con toda a ilusión do mundo, participaron as alumnas da materia de tradución de 2º Bacharelato: Sara García Cibrán, Ana Cunqueiro Cajuso, María Cuñarro Guliás, Ana Pedrosa Finn e Sofía Sambade Formoso. Parabéns ás cinco magníficas polo voso traballo!!

MODIFICACIÓNS DA PROGRAMACIÓN, CURSO 2019/2020

Modificacións da programación segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

JUVENES TRANSLATORES

Sara Picos na Comisión Europea co Comisario Günther H. Oettinger e o Director Xeral de Traducións Rytis Martikonis.

Destino Bruxelas

Este curso o departamento de inglés participou de novo no concurso de tradución da Comisión Europea Juvenes Translatores. A proba tivo lugar no mes de novembro e presentáronse seis alumnos/as de 2º de Bacharelato.

juvenes_translatores_2018

Onte, 4 de febreiro, anunciáronse os nomes dos gañadores do concurso 2018 – un por país membro da Unión Europea - e recibimos a gran noticia de que un ano máis o IES de Brión é o Centro da gañadora en España ….

Sara Picos Gómez

No mes de abril, Sara viaxará a Bruxelas para participar na ceremonia de entrega de premios na Comisión Europea. Congratulations!

A nova na prensa:

Sara Picos Gómez, alumna del IES de Brión, ganadora de un premio de la Unió Europea. La voz de Galicia, 05/02/2019

A alumna do IES de Brión Sara Picos Gómez, única española distinguida co premio "Juvenes Translatores" da comisión europea. Compostela24h.05/02/2019

Sara Picos gana el premio europeo de Juvenes Translatores desde Brión. El correo gallego, 05/02/2018

OS DEREITOS HUMANOS E A MODERNA ESCRAVITUDE

Eurídice Márquez Sánchez, Oficial de Prevención do Delito e Xustiza Penal na Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito, deu unha conferencia no noso centro.

A disertación foi una breve introdución en español e o groso da mesma en inglés e francés.

Ligazóns de interese:

EQUIPO E PROXECTOS
https://www.unodc.org/unodc/human-trafficking/glo-act/meet-the-gloact-team.html

TRATA E TRÁFICO
https://www.unodc.org/unodc/en/human-trafficking/index.html?ref=menuside

http://www.unitedexplanations.org/2011/06/03/trata-de-personas-

Accede ao CV da ponente

.

Breaking news! Última hora!

Departamento de inglés: máis boas noticias!

Despois da gran satisfacción do premio a Pablo Villar (2ºBAC) como gañador español de Juvenes Translatores 2017, chega agora unha mención especial no mesmo concurso para

CARMELA VIEITES FIGUEIRAS (2º BAC)

Parabens!

Según o comunicado de prensa da Comisión Europea publicado onte, venres, 2 de febreiro de 2018:

O gañador español do concurso de tradución da Comisión Europea, celebrado en todolos países da UE, no que participou os noso centro, IES de Brión, Juvenes Translatores 2017 é …

PABLO VILLAR ABEIJÓN 2ºBAC B

Noraboa!

JUVENES TRANSLATORES

Outro ano máis o IES de Brión tivo a sorte de ser selecionado para participar no concurso anual de tradución da Comisión Europea que se celebra conxuntamente en todos os paises de la UE no mes de novembro. Noraboa ao alumnado que se presenta …¡Sorte no concurso!

Save

JUVENES TRANSLATORES. MENCIÓN ESPECIAL

O alumno de bacharelato Lois Meira López obtén unha mención especial no concurso de tradución Juvenes Translatores da Comisión Europea.

Parabéns a Lois e aos outros concursantes de 2º de Bacharelato.

No enlace, pódense consultar todos os detalles: lista de gañadores por países, textos orixinais e traducións premiadas.

https://ec.europa.eu/info/juvenes-translatores

Distribuir contido