Inglés

JUVENES TRANSLATORES

Este ano 2016, o IES de Brión volve participar no concurso anual de tradución convocado pola Comisión Europea para promover a aprendizaxe  das linguas da UE e o entendemento entre culturas, no que a tradución xoga un papel central.

Haberá un ganador entre os nosos cinco concursantes? Saberémolo en febreiro. Sorte!

Para máis información:

http://ec.europa.eu/translatores/index_es.htm

https://www.facebook.com/translatores

Save

MAKE IT SHORT! 2016

O 24 de maio anunciáronse os gañadores do concurso de relatos curtos organizado polo Departamento de Inglés. Os traballos premiados foron BETRAYED de Ana Pedrosa  y LOST IN MONDAY  de Alba Suárez. Parabéns a todos os participantes.

JUVENES TRANSLATORES

 

O 27 de novembro, un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato participou nun concurso de tradución Juvenes Translatores organizado conxuntamente en todolos países da UE pola Comisión Europea. O noso centro foi un dos 54 centros, e o único en Galicia, seleccionados en España para participar. Noraboa a todos.

O pasado martes 22 de xaneiro, Ana Souto e Gabriel González foron entrevistados no programa Aquí Galicia da Radio Galega. Accede ao podcast (01:41:40).

O Conselleiro de Educación Jesús Vázquez Abad, fíxo chegar os seus parabéns pola participación neste concurso.

Accede á nova publicada sobre o tema na sección Terras de Santiago de El Correo Gallego na súa edición dixital.

A Comisión Europea publica a lista de ganadores do concurso Juvenes Translatores 2012.

Nesta ligazón pódense ler os traballos premiados.


Distribuir contido