ADMISIÓN DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS

 Listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2019/20

1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º Bach

2º Bach

O prazo de reclamacións é do 25 de abril ao venres 3 de maio.

JUVENES TRANSLATORES

Sara Picos na Comisión Europea co Comisario Günther H. Oettinger e o Director Xeral de Traducións Rytis Martikonis.

MULLERES TIC. CONFERENCIAS

O xoves 4 de abril, Eva Cernadas, profesora de Enxeñería Informática da USC e investigadora no CITIUS, impartiu a conferencia "Informática visual aplicada á Medicina e á Bioloxía" na aula de usos múltiples do instituto para alumnado de 1º A de ESO e 1º de Bacharelato de TIC. A profesora Eva Cernadas xa colaborara con parte deste alumnado cunha entrevista para a páxina web Luminísticas.

Eva Cernadas falounos de mulleres e homes relevantes na historia da Informática, de linguaxes de programación e programas informáticos, píxeles, resolución, e outras cuestións técnicas sobre imaxe. Finalizou a súa conferencia amosándonos programas creados por ela mesma para a análise de imaxes, que se aplican nos campos da Mediciña e a Bioloxía.

A continuación impartiu un obradoiro para o alumnado de Bacharelato no que profundizou nas aplicacións creadas por ela e insistiu na importancia de considerar as aportacións á sociedade deste tipo de proxectos. Afondou asimesmo nas linguaxes de programación empregadas para crealas, nas súas características e especificidades. Explicou diferentes proxectos nos que participou e  conversou co alumnado sobre metodoloxías de traballo no campo das TIC e da Ciencia en xeral.

Por outra banda, o pasado venres 29 de marzo, a profesora Susana Ladra, directora do Campus Innova da UDC impartiu a Charla Divulgativa "A nosa pegada dixital en internet: canto saben de nós e para que o usan" para o alumnado de 4º de ESO.

Ambas actividades están organizadas ao abeiro do proxecto "Elas nas STEAM" co que o IES de Brión participa no programa Rapazas Emprendedoras nas TIC do Plan Proxecta.

LuminísTICas obtén o 2º premio en Wisibilízalas

LuminísTICas, a proposta do IES de Brión para a 3ª edición de Wisibilízalas, ven de ser recoñecida co 2º premio na categoría Sénior.

O pasado día 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller , déuse a coñecer o fallo do xurado na web oficial de Wisibilízalas, un certame convocado polo  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra.

Este traballo foi elaborado por alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato Científico Tecnolóxico coa colaboración de alumnado de EPVA de 4º de ESO no apartado gráfico e deseño web.

En LuminísTICas publicamos perfís, entrevistas e referencias de mulleres galegas ou formadas en Galicia que traballan co sector TIC e participan activamente en proxectos de divulgación de mulleres nas TIC.

Grazas a Natalia Costas Lago, Eva Cernadas García, Ana Cidre Perry, Sonia Lois García, Carmen Cotelo Queijo, Laura Milagros Castro Souto, María Saez Fernández, Mercedes Rodríguez García e Miriam Pena Villanueva pola súa colaboración con este proxecto.

Parabéns ao alumnado participante!

.

VI Olimpíada Filosófica de Galicia

A fotografía Mentres máis preto esteas menos ves do  alumno de 1º de Bacharelato Carlos Andrés Ruíz Abete resultou seleccionada na modalidade de Fotografía na VI Olimpíada de Filosofía de Galicia. Neste curso académico o tema elexido para a Olimpíada é Realidade e apariencia no mundo actual.

O próximo xoves 14 de marzo, Carlos deberá realizar unha defensa de 5 minutos, explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo.

O gañador ou gañadora de cada modalidade na Olimpíada Galega ofreceráselles a posibilidade de participar na Olimpíada Estatal en representación da Olimpíada Galega, coa viaxe e os gastos pagados.

Todos os participantes e todas as participantes recibirán un diploma acreditativo de participación na Olimpíada Filosófica de Galicia.

PARABÉNS e QUE VIVA A FILOSOFÍA!!

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Traballo realizado polo alumnado de Igualdade de Xénero (1º ESO).

Descarga o GIF en alta calidade.

.

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A FOLGA DE ALUMNADO PARA O 8 DE MARZO

Diante da xornada de folga de estudantes convocada para o día 8 de marzo a dirección do IES de Brión comunica o seguinte:

  • O alumnado do IES de Brión dos cursos 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BAC decidíu secundar a folga convocada.
  • O alumnado de 1º e 2º de ESO, segundo a normativa vixente, non poderá participar en ningún tipo de mobilización que supoña a non asistencia a clase como consecuencia dunha decisión colectiva. Tan só poderá sumarse á folga individualmente coa autorización expresa do pai/nai ou titor/a legal.
  • O alumnado que non realice a xornada de folga será atendido polo profesorado con normalidade.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2019/20

DATAS ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2018/19
Antes do 1 de marzo

Vacantes:

1º ESO: 02, 2º ESO: 24, 3º ESO: 18, 4º ESO: 14, 1º BACHARELATO: 5, 2º BACHARELATO: 27

1 ao 20 de marzo Presentación de solicitudes de admisión
23 de marzo ao 5 de abril Presentación da documentación xustificativa para o baremo (se hai mais peticións que prazas)
Antes do 25 de abril Listaxe provisional de alumnado admitido
Reclamacións: 5 días habiles contados a partir do día seguinte á publicación
Antes do 15 de maio Listaxe definitiva
INFORMACIÓN DE INTERESE
Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos Decreto 254/2012 do 13 de decembro
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

Orde do 12 de marzo de 2013

Información: Proceso de admisión

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)
Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Proceso de admisión
Proceso de admisión de alumnos e alumnas (2019-2020). Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña Proceso de admisión
Letras de desempate
Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2019/2020
Solicitude de admisión

Anexo II (Galego)

Anexo II (Castelán)

Aplicación informática de admisión de alumnado Aplicación
Criterio complementario de centro Documento

"Un paso un dereito". Obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade

Durante os días 25 e 26 de febreiro o alumnado de 2º de ESO participou na hora de titoría nun obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Está actividade foi impartida por membros da Asociación AMIPA, que con dinámicas vivenciais explicaron as dificultades coas que se atopan no día a día as persoas que teñen algún tipo de discapacidade.

Exposición sobre especies invasoras

Estes días na entrada do IES de Brión temos a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Merece a pena parar un pouco a vela e reflexionar sobre un problema tan grave como esquecido, contra o que quizais podemos facacer algo. Botádelle un ollo!

Distribuir contido