STEMlab Galicia

O vindeiro venres 20 de abril alumnado de 4º ESO visitará a feira STEMlab Galicia, nunha saída organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química. STEMlab Galicia celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e reunirá 19 experiencias de diferentes centros educativos desenvolvidas no contexto STEM, así como obradoiros, espazos maker e conferencias de persoeiros de prestixio.

O sábado 21 o IES de Brión estará de novo presente na Xornada de Educación Dixital coa presentación do traballo por proxectos no contexto STEAM realizado no noso centro ao longo destes últimos anos. Esta charla está relacionada coa solicitude do proxecto Erasmus + K201 "Human STEAM Lab 2.0" en colaboración con diversas institucións e centros de ensino europeos.