WISIBILÍZALAS
Enviado por admin o Ven, 09/12/2016 - 15:20
Alumnado das materias de TIC I de 1º de Bacharelato e Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO participa en Wisibilízalas, unha convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
- Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
- Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía
A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.
Podemos visualizar as propostas creadas polo alumnado premendo nas imaxes: