Apoios

A mollarse e remollarse... xogos divertidos con auga

in

Ola a tod@s,

 

A piques de rematar o curso, traiovos unhas propostas divertidas, para que xoguedes e vos entreteñades. Trátase duns cantos xogos de auga... espero que vos gusten e os desfrutedes, e a ver quen é o que menos se mollaGuiño.

Moita sorte da profe YasminaRisa

Navegando coa profe Ana

in

Xa non queda nada para o remate do curso e para unha das miñas festividades preferidas… a noite de San Xoan!

O día 24 de xuño celebramos a noite máis curta do ano. Se o día 21 prodúcese o solsticio de verán e comeza esa estación, 3 días despois dase o fenómeno no que o día ten máis horas que a noite. Para festexalo, acéndense lumes nas vilas, cidades, etc. e realízanse outras moitas tradicións, as coñecedes?? Faremos un repaso das mesmas e así, se vos apetece, podedes poñelas en práctica a próxima semana…

Hoxe comezaremos polo costume de lavar a cara no día despois de San Xoán cunha auga aromática que se fai a partir de flores e herbas.

Para conseguir este auga cómpre recoller auga de nove fontes diferentes e poñela nun barreño xunto con sete herbas que podedes atopar nun paseo pola contorna. Estas son: roseira silvestre, fento macho, codeso, sabugueiro, herba luisa, romero e malva. Este auga se deixa á luz da lúa toda a noite para, o día seguinte, usala para lavar a nosa cara e conseguir así que a nosa pel luza fermosa.

Nós aproveitamos algunha botelliña pequena de perfume que haxa pola casa para gardar un pouquiño e así imos coleccionando as augas de San Xoan de cada ano.

Queredes facer a vosa propia auga máxica de San Xoán? O noso concello conta cunha chea de fontes e cunhas zonas naturais perfectas para recoller as flores. Vos deixo un documento para que poidades rexistrar as fontes das que collistedes a auga e unha guía para que atopedes as flores e poidades recoñecelas.

Animádevos!

Biquiños salgados,

"GLU, GLU, GLU" 19#

in

Bos días nenos e nenas! Comeza a nosa última semana de curso e é unha pena que non poida ser estando xuntos. Deixovos uns xogos dos que vos gustan para que teñades o día entretido.

 

Un choque de puño e unha apertaRisa

Navegando coa profe Ana

in

 

Bo día meus peixiños,

Un día máis teño cousiñas para compartir con vos. Neste caso, e continuando coa historia do Señor Boavela, preparei uns títeres, un barquiño e estou encantada de compartir con vos un vídeo no que poderedes ver o conto. Premede na imaxe para velo.

 

Xogar a representar este ou outro conto é unha actividade sinxela pero chea de diversión. Como podedes comprobar eu imprimín e din cor a unhas imaxes. Vos podedes facer o mesmo pero tamén debuxar vos aos animais ou facer carteis cos seus nomes, recortar imaxes en revistas, etc. E despois podedes empregar o audio do luns para ir representando a historia ou contala vos mesmos.

Espero que vos guste o vídeo, a idea e que compartades comigo o resultado da mesma.

Biquiños salgados,

 

Estoupa globos mariño

in

Ola a tod@s,

 

Outro día máis traíovos unha proposta divertidaGuiño. Neste caso trátase dun "estoupa globos",  iso é que tendes que estoupar os globos correctos, para que cada animal suba no vagón do tren correspondente, segundo sexa un animal mariño (que subirá no vagón coa imaxe dun animal mariño) e se é outro tipo de animal (no outro vagón).

Anímaste a xogar?? Pois... adiante, só tes que meter o seguinte enlace no teu ordenador.

 

https://wordwall.net/es/resource/2913302

 

Moita sorte da profe Yasmina

 

"GLU, GLU, GLU" 18#

in

Bos días! Xa queda pouquiño de curso e para non perder a costume vouvos propoñer duas tarefas moi faciliñas e que seguro ides desfrutar moito.

Que teñades unha gran fin de semana!

 

Un choque de puñoRisa

 

 

 

Navegando coa profe Ana

in

Bo día peixiños,

xa estamos na metade da semana e vos traio un conxunto de actividades e xogos relacionados co conto do señor Boavela que vos contaba o luns. Vos gustou?

No documento adxunto atoparedes un montón de actividades que podedes imprimir ou non. Hai xogos de relacionar, labirintos, actividades de grafomotricidade que podedes facer sobre un pouco de fariña nunha bandexa, por exemplo, etc.

Espero que vos gusten e que o pasedes xenial con eles.

Biquiños salgados,

Cazando animais mariños

in

Ola a tod@s,

 

Apetécevos cazar animais mariños? Pois ben... só tendes que premer no enlace que aparece debaixo, e golpear as toupas que teñan imaxes de animais mariños, serás quen de golpear a todas as toupas antes que remate o tempo? Espero que desfrutedes do xogoRisa

 

Moito ánimo da profe Yasmina

 

https://wordwall.net/es/resource/2422402

 

 

 

"GLU, GLU, GLU" 17#

in

Bos días nenas e nenos! Hoxe deixovos unha receita de verán e unha tarefa faciliña de debuxo.

Xa queda menos para que teñades vacacións e poder descansar e xogar moito, ánimo!!

 

Un saúdo de puño Risa

Navegando coa profe Ana

in

Bo día meus peixiños,

espero que tiverades unha boa fin de semana. Para este luns, vos teño preparado un pequeno contiño, "O barco do señor BoaVela". 

Se premedes na imaxe, poderedes escoitar o conto.

Que vos pareceu? Vos gustou? Seguro que si. Pois que vos parece se facemos un debuxo sobre él? Seguro que vos quedan fermosísimos.

Vos deixo un pequeno libriño por se vos animades a facelo tamén... se trata dun libro no que iremos contando aos personaxes que suben ao barco do señor BoaVela. Na parte dereita do libro podedes pintar o número de círculos que se corresponden co número ou pegar unha pegatina, colorear o número de dedos que se indica, debuxar como sería ese número nun dado, decorar o número e finalmente, repasalo e escribilo por vos mesmos.

Este libro é unha idea, podedes imprimilo pero seguro que se construides vos mesmos as páxinas será moitísimo máis bonito, vos atrevedes?

Moito ánimo! e a navegar

Biquiños salgados,

Distribuir contido

Back to top