Navegando coa profe Ana

in

Xa non queda nada para o remate do curso e para unha das miñas festividades preferidas… a noite de San Xoan!

O día 24 de xuño celebramos a noite máis curta do ano. Se o día 21 prodúcese o solsticio de verán e comeza esa estación, 3 días despois dase o fenómeno no que o día ten máis horas que a noite. Para festexalo, acéndense lumes nas vilas, cidades, etc. e realízanse outras moitas tradicións, as coñecedes?? Faremos un repaso das mesmas e así, se vos apetece, podedes poñelas en práctica a próxima semana…

Hoxe comezaremos polo costume de lavar a cara no día despois de San Xoán cunha auga aromática que se fai a partir de flores e herbas.

Para conseguir este auga cómpre recoller auga de nove fontes diferentes e poñela nun barreño xunto con sete herbas que podedes atopar nun paseo pola contorna. Estas son: roseira silvestre, fento macho, codeso, sabugueiro, herba luisa, romero e malva. Este auga se deixa á luz da lúa toda a noite para, o día seguinte, usala para lavar a nosa cara e conseguir así que a nosa pel luza fermosa.

Nós aproveitamos algunha botelliña pequena de perfume que haxa pola casa para gardar un pouquiño e así imos coleccionando as augas de San Xoan de cada ano.

Queredes facer a vosa propia auga máxica de San Xoán? O noso concello conta cunha chea de fontes e cunhas zonas naturais perfectas para recoller as flores. Vos deixo un documento para que poidades rexistrar as fontes das que collistedes a auga e unha guía para que atopedes as flores e poidades recoñecelas.

Animádevos!

Biquiños salgados,

AdxuntoTamaño
SAN XOAN.pdf404.54 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
16 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top