Apoios

"GLU, GLU, GLU" 15#

in

Olaa

Xa é venres! e para hoxe propoño duas tarefas moi sinxelas que espero que desfrutedes moito.

 

Un saúdo de puño Risa

Navegando coa profe Ana

in

Bo venres peixiños,

Remata outra semana e xa estamos moi pretiño do fin do curso.

Espero que vos gustase o experimento do barco que se movía con xabón e que fixerades uns barquiños ben chulos. Para rematar esta semana vos propoño uns sudokus que non tedes por qué imprimir xa que na pantalla do voso ordenador, tablet, etc. os podedes facer fácilmente. Neles hai un montón de medios de transporte, entre eles barcos. En cada fila, en cada columna e en cada cadrado debe de haber un medio de transporte de cada, sen repetirse. Preparados para adiviñar cal é o que falta en cada un dos ocos disponibles?

Veña, poñede moita atención e a xogar!

Tamén vos deixo o enlace a unha canción coa que introducir as actividades que vos presentarei a próxima semana: https://www.youtube.com/watch?v=YfzUom7wAjY e que imos facer un pequeno libro sobre unha historia algo tola sobre un barquiño feito coa cáscara dunha noz.

Por certo, sabedes que neste tempo os nogais xa están cheiños das noces que comeremos en outono? Sabedes de qué cor son agora? Cando paseedes, fíxadevos nas froiteiras e se atopades un nogal, contádenos aos demais como son as noces durante o verán.

Biquiños salgados,

Navegando coa profe Ana

in

Bo mércores meus peixiños,

Encantoume que compartirades comigo as imaxes dos vosos experimentos sobre os submarinos e vos traio un novo experimento… neste caso sobre os barcos. Imos facer un barco que se moverá soliño pola auga empregando como combustible.. Xabón!

Vos deixo o vídeo para que o vexades e o intentedes nas vosas casas. Premede no barquiño para acceder a él.

Como veredes no mesmo, non sempre sae ben pero seguro que pasaredes un ratiño moi divertido intentándoo.

Biquiños salgados,

 

 

"GLU, GLU, GLU" 14#

in

Bos días!! Cómo estades? Para as tarefas de hoxe deixovos dous xogos que espero desfrutedes moito.

Un choque de puño, coma sempre Risa

Navegando coa profe Ana

in

Bo día meus peixiños,

Seguro que pasastes unha fin de semana estupenda

Agora, para voltar ao traballo vos propoño que dediquemos esta semana a uns transportes que, en vez de ir mergullados na auga, van sobre ela son os barcos!

Hoxe, vos presento dúas formas de facer barquiños que agardo vos gusten e poidades usar nalgún dos vosos paseos polos sendeiros de Salceda que acompañan aos ríos Caselas, Landres, etc.

Biquiños salgados,

"GLU, GLU, GLU" 13#

in

Olaa nen@s! Comezamos a semana con duas tarefas moi sinxelas nas que teredes que prestar moita atención e tamén desenvolver a vosa creatividade.

Espero que vos gusten.

 

Un saudiño!Guiño

Navegando coa profe Ana

in

Bo venres meus peixiños!

Neste día imos a aprender a xogar a un novo xogo que podedes desfrutar coa vosa familia.

Trátase dun xogo de mesa co que podemos traballar cuestións mateméticas como o repaso da serie numérica,  as correspondencias número/cantidade, etc. Pode facerse con materiais de uso común que seguro que tedes por casa.

Espero que vos guste e que pasedes un bo rato xogando con él.

Biquiños con sabor a sal,

 

"GLU, GLU, GLU" 12#

in

Bos días nenos e nenas! Mañá xa é fin de semana, e por iso vos vou a deixar un xogo interactivo para que fagades coas vosas familias e así comprobar canto sabedes sobre o mar. Espero que vos guste!

Aquí tedes o enlace do xogo: https://view.genial.ly/5eb5265f7199c50d8c415379/game-quiz-o-mar

 

Un choque de puñoRisa

Navegando coa profe Ana

in

Bo mércores rapazada!

Hoxe imos ver cómo funcionan os submarinos. Resulta tan curioso como poden estar na superficie navegando como un barco e nun rato sumerxidos e movéndose por debaixo da mesma…

Para comprendelo, vexamos un vídeo

https://youtu.be/8tmZJEoDOsw

e agora, que vos parece se facemos un experimento: só precisaremos unha botella de auga ou refresco baleira, uns globos e unha porca de tamaño grande. Buscade pola casa que vos agardo.

https://youtu.be/hpTslTLZ9Ws

Xa que vemos que os submarino poden flotar ou sumerxirse… que vos parece se xogamos procurar obxectos pola casa e probar se flotan ou non?? Podedes apuntar os seus nomes nun documento como o que vos deixo.

Biquiños salgados,

"GLU, GLU, GLU" 11#

in

Bos días! cómo estades?. Hoxe temos duas tarefas moi sinxelas e con unha delas ata poderedes pasar un bo rato xogando na casa.

Espero que vos gusten e disfrutedes do sol para pasear, xogar, etc.

 

Un choque de puñoRisa

Distribuir contido

Back to top