Apoios

VESTIMENTAS TRADICIONAIS DO MUNDO

in

Cando percorro o  mundo coñezo moitas das culturas e tradicións dos lugares, pero o que máis me gusta coñecer é a vestimenta típica de cada cidade, xa que ten un amplo significado da súa historia e dos seus costumes máis arraigados.

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO

in

Como cada ano, o 23 de abril conmemórase en todo o mundo o Día Internacional do Libro, unha data moi especial para os amantes da lectura.

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) proclamou esta data como o Día Mundial do Libro en 1995, xa que coincide coa morte de tres importantes autores da literatura:  Garcilaso de la Vega, Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

A continuación vouvos presentar a algúns dos escritores que coñecín na miña viaxe polo mundo.

Espero que vos animedes a ler algunhas das súas obras.

 

 

 

 

 

Caselín fixo una nova parada na súa viaxe, neste momento encóntrase en China, no continente asiático coñecerá as peculiaridades da súa cultura, o igual que acontece no conto “A raíña trotamundos en China” da man do cabalo viaxeiro.

 

 

 

 

DESTINOS GASTRONÓMICOS DO MUNDO

in

O que máis me gusta de viaxar polo mundo é probar e gozar das diferentes gastronomías de cada cidade.

Segundo os expertos, as grandes gastronomías do mundo van da man da cultura de cada país, son moi variadas e as súas interpretacións cambian segundo as provincias ou rexións das que proceden.

 

A continuación móstrovos unha gran variedade de pratos típicos que probei na miña viaxe.

 

 

 

 

 

O ENTROIDO

in

NA MIÑA VIAXE POLO MUNDO DESCUBRÍN QUE CADA CONTINENTE CELEBRA O ENTROIDO DE FORMA MOI DIFERENTE.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PREMIOS NOBEL DA PAZ

in

Esta semana no centro celebran o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Na miña viaxe polo mundo coñecín  persoas moi importantes que foron galardoadas co Premio Nobel da Paz, polo seu gran traballo a favor da fraternidade entre as nacións, a abolición ou redución dos exércitos existentes, a celebración e promoción de procesos de paz…

 

 Aquí están algunhas das persoas que foron galardoadas co Premio Nobel da Paz.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRANDO O NADAL

in

 Por fin chegou o Nadal, esa época do ano que tanto nos gusta pola súa maxia e fantasía.

 Na miña viaxe polo mundo descubrín que cada continente o celebra de forma diferente. Pero comprobei que todos compartimos o mesmo sentimento nestas festas, que é  a ILUSIÓN.

 

 

En Nueva York tamén me sorprenderon moitas cousas. Pinchade nos iconos da marxe dereita na seguinte imaxe e poderedes coñecer un pouco este país, algunhas das súas tradicións en Nadal, aumentar o voso vocabulario en inglés e como non, gozar dun momento en familia cantando unha panxoliña.

 


 

Continuando a miña viaxe, descubrin en Asia que ainda que non celebran o Nadal coma nós si que teñen diversas formas de celebrar o final de ano. 

 

Xa de volta da miña viaxe en Europa, querovos amosar a variedade de festas que temos en España. Cantas sodes capaces de recoñecer?

 

OS ANIMAIS DO MUNDO

in

Nesta fermosa viaxe que estou a realizar coñecín  diferentes animais que vos vou a presentar.

 

  

 

 

Preme na imaxe para descubrir os animais de Europa.

 

 

 

OS CONTINENTES

in

OS CONTINENTES

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 

Despedida do curso

in

Hoxe remata o curso e o fai sen sorrisos, sen música, sen bolsiñas cheas de traballos. Acaban as clases sen esas bágoas que as veces se nos escapan ás mestras e mestres porque despois de ter pasado tanto tempo con vós, vos sentimos como parte da nosa vida.

Durante este tempo de inquedanzas, confinamento, desescalada, fase 0, fase 1, fase 2, fase 3 e nova normalidade (de verdade?) seguro que houbo días ledos e tristes, doces e amargos, longos e curtos, lentos e rápidos, para esquecer e para recordar, …  Obviamente, tamén para min. Houbo días nos que non saber qué facer para desenvolver a miña labor, nos que todo parecía ir en contra (problemas coa rede, cos aparellos informáticos, …), nos que non sabía qué ofrecervos para continuar promovendo aprendizaxes dunha forma divertida tanto para os peques como para vós, os adultos que os acompañastes durante todos estos días tan raros.

Quero agradecer a vosa dedicación, a vosa disposición para facer posibles as propostas, para crear con elas momentos especiais en familia e por remitirme imaxes coas que comprender que o meu traballo non estaba quedando simplemente colgado nesta rede. Sei que non foi fácil, a motivación e as ganas dos peques seguro que foron variando cos días e semanas, e meses..

A todas e todos vos, aos que conseguiron motivar aos peques e aos que non, aos que tiveron o tempo de dedicarse ás miñas propostas e aos que non, a todas e todos, grazas!

Grazas por facer e por non facer, grazas simplemente polo feito de estar lendo esta entrada.

Remato a mesma cun poema de Gabriel Celaya que fala da nosa labor como mestres.

A mollarse e remollarse... xogos divertidos con auga 2

in


 

pOR fIN cHEgOU O dÍA!!!

 

HoXE dEIxÓVOS A ÚltIMA ENtrEGA dE xOGos DIvERTIDOS Con aUgA PaRa QuE OS DeSfrUTedES nEStE VERáN. pERo LÉMbrAdE QUe O MáIs IMpoRTanTE É Que DESfruTEDes.

 

FeLIz VeRÁn!!!

 

Apertas virtuais da profe YasminaSorriso

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top