Despedida do curso

in

Hoxe remata o curso e o fai sen sorrisos, sen música, sen bolsiñas cheas de traballos. Acaban as clases sen esas bágoas que as veces se nos escapan ás mestras e mestres porque despois de ter pasado tanto tempo con vós, vos sentimos como parte da nosa vida.

Durante este tempo de inquedanzas, confinamento, desescalada, fase 0, fase 1, fase 2, fase 3 e nova normalidade (de verdade?) seguro que houbo días ledos e tristes, doces e amargos, longos e curtos, lentos e rápidos, para esquecer e para recordar, …  Obviamente, tamén para min. Houbo días nos que non saber qué facer para desenvolver a miña labor, nos que todo parecía ir en contra (problemas coa rede, cos aparellos informáticos, …), nos que non sabía qué ofrecervos para continuar promovendo aprendizaxes dunha forma divertida tanto para os peques como para vós, os adultos que os acompañastes durante todos estos días tan raros.

Quero agradecer a vosa dedicación, a vosa disposición para facer posibles as propostas, para crear con elas momentos especiais en familia e por remitirme imaxes coas que comprender que o meu traballo non estaba quedando simplemente colgado nesta rede. Sei que non foi fácil, a motivación e as ganas dos peques seguro que foron variando cos días e semanas, e meses..

A todas e todos vos, aos que conseguiron motivar aos peques e aos que non, aos que tiveron o tempo de dedicarse ás miñas propostas e aos que non, a todas e todos, grazas!

Grazas por facer e por non facer, grazas simplemente polo feito de estar lendo esta entrada.

Remato a mesma cun poema de Gabriel Celaya que fala da nosa labor como mestres.

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
9 + 4 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top