Apoios

Tragabolas mariños

in

Ola a tod@s,

 

Hoxe imos crear unha manualidade cun fin lúdico, é dicir, co que despois poderedes entretervos e pasar días moi divertidos. Nesta ocasión crearemos un tragabolas con aspecto mariño, e agora... cantas veces seredes quen de encestar a boliña?

 

Moita sorte da profe Yasmina

Navegando coa profe Ana

in

 

Cuadro de texto: PROPOSTA PARA O DÍA 15 DE MAIO

Bo días meus peixiños,

 

 Espero que tiverades unha boa fin de semana. Vos traio unha proposta que creo que vos pode gustar xa que tedes que convertervos en axudantes duns animaliños do mar que andan en apuros… Estades preparados? Veña, preparade os vosos traxes de baño e a mergullarse na aventura!

Biquiños con sabor a sal!

Ana

 

Cadro mariño en 3D

in

Ola a tod@s,

 

Como estades meus pequen@s artistas?

Hoxe propóñovos que creedes un cadro vivo, un cadro mariño en tres dimensións, para que sintades máis preto o mar e a súa fauna. Logo, podedes usalo para decorar a vosa casa.

Moito ánimo da profe Yasmina

 

 

"GLU, GLU, GLU" 4#

in

Bos días!

Hoxe deixovos dúas tarefas coas que refrescar a memoria e recordar algunhas cousiñas sobre o mar.

Que teñades boa mañá e un choque de puñoRisa

 

 

Un cine mariño do máis peculiar

in

Ola a tod@s,

 

Outro día máis traíovos unha nova proposta, neste caso desfrutar do cine dun xeito diferente, xa que sodes vos os encargados da creación do guión, montaxe, dirección e proxección da vosa película do mar. Espero que creedes grandes largometraxes.

A profe Yasmina manda moito ánimo para os novos directores e directoras de cine. 

 

"GLU, GLU, GLU"3#

in

Bos días! Qué toca hoxe...? pois teredes averiguar algunhas cousiñas que vos propoño, pero creo que co que vos gusta investigar ídelo facer xenial. Espero que estedes desfrutando dos vosos paseos e se nos cruzamos, saudade (dende a distancia) jejej.

 

Un choque de puño virtual!Risa

Navegando coa profe Ana

in

Bo día peixiños,

xa é venres! Neste día vos presento a proposta dun xogo sobre un establecemento no que se vende peixe... A peixería!

Espero que vos guste.

Biquiños salgados para todos!

 Ana.

Regata de veleiros

in

Ola a todos e todas,

Hoxe imos de regata... así que collede gorras, crema solar e a desfrutar!!!

Quen será o barquiño gañador? iso depende de vos Guiño

 

A profe Yasmina deséxavos que teñades unha boa regata. 

"GLU, GLU, GLU" 2#

in

Bos días! Hoxe no traballiño que propoño, coñeceredes algunha curiosidade sobre o fondo mariño e tamén poderedes poñer a vosa creatividade a funcionar cunha manualidade. Desexo que vos gusten...espero os vosos comentarios, jejeje

 

Un choque de puño!

 

Con locura...

in

Bo día peixiños!

Neste mércores vos teño preparado un traballiño cheo de amor e tenrura que espero vos guste.

En primeiro lugar, vos deixo o enlace a un dos meus contos contados, neste caso é "Con locura". 

 

Agora é o momento de poñerse mans a obra, vos deixo o documento para que poidades desenvolver esta actividade e como arquivos adxuntos tedes un debuxiño e o texto novamente para que o poidades ler con máis detalle.

Espero que vos guste a proposta e desfrutade moito do día! 

 Biquiños salgados da profe Ana!

 
Distribuir contido

Back to top