Apoios

EXPERIMENTO

in

Bos días, hoxe vos propoño facer un experimento esta Semana Santa, faremos crecer a nosa propia planta.

FELIZ SEMANA SANTA A TO@S

Unha aperta.

QUEDA NA CASA 5#

in

Que tocará hoxe para xogar? Prestade moita atención e collede un lápis ou rotus para facer o que vos propoño. Aproveito tamén para dicirvos nenos e nenas que o profe Abraham vos bota moito de menos e que se acorda moitos de vos.

Un choque de man!Guiño

 

A PROFE ANA PROPÓN... (día 13)

in

Bo día cousiñas,

xa estamos en Pascua, por este motivo vos presento unha serie de actividades para que saquedes ao coelliño de Pascua que levades dentro e o pasedes xenial nas vosas casiñas. 

Desexo de todo corazón que esteades moi moi ben.

Biquiños.

A PROFE ANA PROPÓN... (día 12)

in

Bo día bechiños!

Xa é xoves! Hoxe vos presento unha serie de propostas relacionadas cun fenómeno que non me extrañaría que, polo que vexo pola miña fiestra, aparecese no ceo neste día... o arco da vella! 

Espero que vos gusten!

 

O mar nas nosas mans

in

Ola a todos e todas,

A quen non lle gustaría ter un anaquiño de mar nas nosas casas? Pois ben, agora podédelo facer grazas ás propostas que hoxe vos traio.

Preparados para a inmersión no fondo mariño?

A profe Yasmina deséxavos un bo mergullo

TICS

in

Hola a todo@s!!

Hoxe os traemos unha páxina web onde podedes encontrar xogos para 3, 4 e 5 anos... onde podereis traballar diferentes contidos. 

A páxina é: http://www.cristic.com/infantil/castellano/

Unha aperta enorme.

QUEDA NA CASA 4#

in

Bos días!!!Continuamos coa publicación de xogos de "QUEDA NA CASA", neste caso poñendo a proba a vosa memorial visual e atención. Podedes xogar coa vosa familia e comprobar así como andan as cabeciñas despois de tantos días xuntos. 

Que teñades un día entretido!

A PROFE ANA PROPÓN... (día 11)

in

Bo día pequerrechiños e pequerrechiñas,

vos deixo unha nova entrega das actividades para facer nas distintas habitacións da casa. Espero que os estean a servir para pasar un rato divertido.

Que teñades un fantástico mércores, 

Biquiños!

A PROFE ANA PROPÓN... (día 10)

in

Bo día peques e familias!

De novo actividades para facer en cada un dos recunchos da casa. Espero que vos gusten.

Moitos biquiños.

Imos de pesca

in

Ola a todos e todas,

 

Despois da fin de semana, propóñovos familiarizarvos dun xeito lúdico, cunha das profesións vinculadas ao mar, neste caso os pescadores/as. Seredes quen de pescar coma eles?

Adiante e boa pesca!!

Moito ánimo da profe Yasmina

Distribuir contido

Back to top