Skip to Content

EDLG

Xan das Ondas

O día 16 de maio, o grupo de animación Barafunda presentounos:

Amieiras

O día 15 de maio, o grupo Amieiras do CVC de Valadares actuou para todo o alumnado co gallo das Letras Galegas 2012.

PROGRAMA ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2012

Preme na imaxe para descargar o programa de actividades

 

 

DÍA  14 DE MAIO: 

  •  Inicio do concurso LETRAS GALEGAS 2012 “As Olimpíadas do saber”. Preguntas diarias para resolver con axuda dos pais/nais.  Remata o martes 22.
  • Exposición, nas cortizas exteriores da biblioteca, dos materiais elaborados nos obradoiros realizados ao longo do curso.

  15 DE MAIO

  •  Exposición nas cortizas exteriores das aulas, das caricaturas de Valentín Paz Andrade.
  • Actuación do grupo “Amieiras” do Centro Cultural de Valadares ( 11:00 h.)

 DÍA 22 E 25 DE MAIO

  •  Celebración da semifinal e gran final do Galeoke 2012. Cancións populares galegas interpretadas polo alumnado do colexio. Data límite de inscrición o 11 de maio.
  • Do 21 ao 25 de maio, concurso “Valentín Paz Andrade”. (Recoller díptico na biblioteca)

 DÍA  16 DE MAIO: 

 ·        Presentación da obra “Xan das Ondas”, de 10:30 a 12 h., para todo o colexio, a cargo da empresa Barafunda Animación.

·        Distribución do número 32 da Revista Escolar O Alba.

 DURANTE TODA A SEMANA, ACTIVIDADES NA AULA  CENTRADAS EN PAZ ANDRADE             

       RECURSOS:

 Unidade Didáctica  do EDLG do centro.

  • LIM sobre Paz Andrade exposto na páxina web do colexio, elaborado polo 1º ciclo e EDLG.
  • Unidade Didáctica e carteis aportados pola Consellería de Educación.
  • DVD recopilatorio do“Ben falado!” microespazo da TVG sobre a lingua galega.
  • bibliobaralla.blogspot.com
  • Www.seminariogalan.com
  • Charcalibros.blogspot.com
  • Espazo_web_valentín_paz_andrade

Os maios

O día 3 de maio, os alumnos de 2º e 3º, asistiron a un obradoiro  sobre Os Maios:

Presentación da actividade.

Visualización dun vídeo coa explicación das orixes da festa, dos cantares e dos personaxes.

Realización da danza das cintas.

 

Valentín Paz Andrade

Información sobre Valentín Paz Andrade na páxina:

http://www.valentinpazandrade.es/

Avogado, xornalista, poeta, home de empresa e persoa vinculada á política galeguista, personalidade multifacética, Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 - Vigo 1987) fixo de Galicia a súa tarefa. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1921) e participou na creación en Vigo do xornal Galicia (1922), do que foi director.

En Vigo exerce a avogacía, facéndose cargo do asesoramento da Sociedade de Armadores de Bouzas (1927) e colaborando na revista Industrias Pesqueras. Durante a segunda República participou nas iniciativas galeguistas, sendo un dos catro membros do Seminario de Estudos Galegos que en 1931 redactou o anteproxecto de Estatuto de Galiza. Tras o alzamento militar foi desterrado a Verín, onde comezou a escribir poemas en galego. Foi un dos fundadores de Pescanova (1960) e da Feira Mundial da Pesca de Vigo (1973). Paz Andrade foi membro da Real Academia Galega e senador pola provincia de Pontevedra como independente da Candidatura Democrática Galega.

 

Unidade didáctica elaborada polo

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CEP PLURILINGÜE IGREXA VALADARES

LIM SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

FEITO POLO EQUIPO DO 1º CICLO e EDLG

Vídeo da TVG:

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/valentin-paz-andrade/dia-das-letras-galegas-2012-homenaxe-a-paz-andrade-en-eirado-2

Información e actividades do Seminario Galán:

 

* Documentos

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

* Actividades

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

* Album fotos

http://seminariogalan.org/inicio/portada/album/

TELEXORNAL DO CPI dos Dices

Concursos Letras galegas 2012

 

     

PREME NAS IMAXES para velas máis grandes.

Máis información na carta de Rapochá

Música na escola

Con motivo do concurso 

GALEOKE 

Nas semanas do 16 de abril ao 21 de maio escoitamos:

Do 16 ao 20 de abril  

Do 23 ao 27 de abril 

 Do 30 de abril ao 4 de maio 

 Do 7 ao 11 de maio

       
Catro vellos mariñeiro Na beira do mar

Vento mareiro (Teño un amor en Rianxo) 

A Virxe de Guadalupe (A rianxeira) 

       
LETRA LETRA   LETRA  LETRA
       
 PRACTICA PARA O GALEOKE PRACTICA PARA O GALEOKE  PRACTICA PARA O GALEOKE  GALEOKE 
       

Máis información

Máis información

 Máis información

 Máis información

 

2º Concurso de música na escola

Bases concurso

Ver as bases

Dende o 16 de abril ao 21 de maio soarán catro cancións galegas, unha cada semana.

O día 22 de maio farase un GALEOKE no que pode participar todo o alumnado, individualmente ou por parellas. Os seleccionados participarán na final do día 25 de maio.

 

Boletín 2º trimestre 2011-2012

Distribuir contido


by Dr. Radut