Skip to Content

EDLG

ANTÓN E O APALPADOR

ANIMACIÓN Á LECTURA

O 2 DE DECEMBRO CONTAMOS UN ESPECTÁCULO DE CONTACONTOS PARA TODO O COLEXIO "ANTÓN E O APALPADOR"

RESULTOU FANTÁSTICO!

Dobraxe na escola

 

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos a actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 4º,

 Dobraxe na escola

É unha actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe.

Primeiro, utilizando monicreques, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo dramático moi divertido no que nos mostraron todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe.

 

Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, presentáronnos aos personaxes do “mini capítulo” que “nós mesmos”  logo dobraríamos.

Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.

 

-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora... Quen quere saír?

 

Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.

 

AAA Reciclar!!

 A canción desta quincena é AAA Reciclar!.

 

 **Esta ficha esta relacionada coa canción.

Debes completala anotando baixo cada colector qué se recicla nel.

Despois colorearemos, para elo debemos ter en mente cal é a cor que se corresponde con cada un dos colectores.

Resumo curso 2013-2014

Aquí vos deixamos un percorrido polas actividades realizadas durante este curso.

Mamasiña, que medo!

O venres, día 23 de maio, os alumnos e alumnas de 5º B amenizáronnos a mañá coa representación da obra "Mamasiña, que medo"

Fixéronno xenial e divertímonos moito.

 

Actividades letras galegas 2014

 
CONCURSO DE CARICATURAS
  
SELECCIONADAS DE CADA CICLO
  
FINALISTAS
 
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º RECITAN POEMAS
Revista escolar "O ALBA" número 34

Obradoiro "Ríos que falan"

O día 14 de maio de 2014, o alumnado de terceiro participou na actividade ofertada pola Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, 

Ríos que falan 

 

Duración: 90 minutos

Creación plástica dun río típico galego empregando materiais como plastilina, pinturas, cartolinas, etc. en combinación con elementos naturais (follas, terra, area...).

O obxectivo da actividade é dar a coñecer o léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa vertente natural como cultural. Para isto, sobre a maqueta colocáronse os nomes de todos os elementos integrantes do ecosistema fluvial e as construcións humanas con el relacionadas.

Antes de finalizar o obradoiro,  propúxoselle ao alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu barrio (introducindo 

 

deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou historia con el relacionada.

Letras Galegas 2014

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).

PÁXINA OFICIAL DE DÍAZ CASTRO

 ACTIVIDADES DO SEMINARIO GALÁN  
   
 
ACTIVIDADES EN LIÑA SEMINARIO GALÁN  
   

Unha banda deseñada moi interesante que está na páxina monográfica elaborada pola Xunta para conmemorar a Díaz Castro.


 

Os maios

O día 5 de maio, os alumnos de 3º e 4º participaron na acividade dinamizadora do galego ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,  

- Os maios

 

Realizouse un obradoiro no que:

Ø      Se presentou a actividade

Ø      Se explicaron as orixes da festa, dos cantares, dos personaxes...

Ø      Visionaron un vídeo (± 12 min)

Ø      Aprenderon a danza

Contos do medio

O alumnado de 3º puido disfrutar desta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Vigo,  Da man de FAIA Educación Ambiental, achégamonos á nosa natureza, como ferramenta para acadar competencias no medio e na lingua.

Distribuir contido


by Dr. Radut