Skip to Content

EDLG

Concurso de debuxos e relatos "Outonos Terroríficos"

Dobraxe na escola

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos, o día 10 de outubro, a actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 3º,

 Dobraxe na escola

É unha actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe.

Premio Nacional de Literatura Infantil

NORABOA á escritora viguesa Ledicia Costas,

Premio Nacional de Literatura Infantil

                     Foto Xerais

A escritora viguesa Ledicia Costas obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta". Este galardón do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte distingue unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014. A dotación económica do premio é de 20.000 euros.

O Xurado decidiu premiar a obra de "Escarlatina, a cociñeira defunta" por ser "unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte".

RESUMO CURSO 2014-2015

LECTURAS RECOMENDADAS VERÁN 2015

RECOMEDACIÓNS 1º
   

 

 

   
   
  RECOMEDACIÓNS 2º
   
              
   
  RECOMEDACIÓNS 3º
   
   
   
  RECOMEDACIÓNS 4º
   
   
   
  RECOMEDACIÓNS 5º
   
   
   
RECOMEDACIÓNS 6º
   
   
   

A RECICLAXE

Revista "O Alba" 2015

LETRAS GALEGAS 2015

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906. Faleceu o 13 de Septembro 1996 ós 99 anos de idade.

DATOS DE FILGUEIRA VALVERDE

Vida e obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde. Letras galegas 2015: aproveitando o potencial que Issu posúe, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo crea unha publicación moi visual e coidada sobre Filgueira Valverde e o seu legado.

 O Seminario Galán agasállanos cada ano cunha abondosa produción de recursos didácticos que teñen como eixe a figura homenaxeada o Día das Letras.

 ACTIVIDADES DO SEMINARIO GALÁN  
   
 
ACTIVIDADES EN LIÑA SEMINARIO GALÁN 
   
 

 
Test de Filgueira Valverde: de novo unha proposta interactiva do CEIP A Ponte de Lugo. Con vinte preguntas poderás demostrar os teus coñecementos sobre a figura de Filgueira Valverde. Acada a máxima puntuación que poidas!   

 

PASAPALABRA

Obradoiros "Os maios"

O día 30 de abril de 2015, os alumnos de 3º asistiron a un obradoiro  sobre Os Maios que nos ofertou a Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co seguinte programa:

Ø      presentación da actividade

Ø      explicación das orixes da festa, dos cantares, dos personaxes...

Ø      visionado dun vídeo (± 12 min)

Ø      realización da danza das cintas

O Merdeiro

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos unha actividade dinamizadora do galego os días 5 e 6 de febreiro, dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º.

 - O merdeiro

Obxectivos:

 - Coñecer a figura do merdeiro inserida no entroido tradicional vigués

 - Achegar a historia do entroido tradicional vigués

  - Identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...

 Devenvolvemento da actividade:

 1.- Presentación e contextualización do entroido vigués

2.- A figura do Merdeiro: historia, recuperación vestimenta...

3.- Representación dunha saída do merdeiro. Visualizaron un documental sobre a súa recuperación

Distribuir contido


by Dr. Radut