Skip to Content

EDLG

DIA DA PAZ 2014

UNIDADES DIDÁCTICAS

 

ENTROIDO 2014

UNIDADES DIDÁCTICAS ENTROIDO 2014

DESCARGA PDF DESCARGA PDF DESCARGA PDF

A paisaxe de Vigo

 

O venres, 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º participaron na actividade dinamizadora do galego ofertada polo Servizo de Normalización do Concello.

A PAISAXE DE VIGO

Narración oral que require da participación dos alumnos en determinados momentos.

Úsase un mural de feltro sobre o cal se van colocando as distintas personaxes que aparecen.

A historia transcorre nun Vigo imaxinario, poboado por elementos e personaxes da tradición oral asociados a localizacións realmente existentes na cidade  e a súa contorna (a fonte do ouro, a calexa do tardo, a pedra da moura...).

En determinados momentos da historia, á protagonista preséntanselle probas, probas que, en realidade, serán o propios nenos os que deba resolver, tales coma a creación de pequenos poemas, ilustracións ou resolución de adiviñas...

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

Día 4 de febreiro de 2014

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos a actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 4º e 5º.

 

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega.

Con formato de gran feirón, os rapaces/zas tiveron que ir superando as distintas probas que se lles propoñía de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo. 

Paseo dos inventos

Aqui amosamos algúns dos contidos das bombillas do paseo dos inventos do CEP Plurilingüe Igrexa - Valadares

Obradoiro "Elaboración de ACEITES ESENCIAIS"

 

O día 28 de novembro os alumnado de 6º participou na actividade ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo:

 

- Obradoiro ciencias: Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas

 

A través da exposición de dez plantas aromáticas faláronnos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes.

Proceso de destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial de planta.

Obradoiro "Elaboración de Sales de baño"

O día 20 de novembro oes alumnos e alumnas de 5º de primaria participaron na actividade dinamizadora do galego ofertada pola Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo:

  - Obradoiro ciencias: Elaboración de sales de baño 

 O romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou a reladura de limón adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. No obradoiro de sales de baño, ademais da súa elaboración, permitiunos a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas. 

REGUEIFAS

 O 19 de novembro do 2013 os alumnos/as de 6º tivemos a sorte de ter un OBRADOIRO DE REGUEIFAS, impartido por D. Luís O Caruncho e D. Pinto D´ Herbón.

 Esta actividade foi ofertada pola Concellería de NL a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

 Descubrimos que sinxelo e divertido é compoñer unha copla tradicional. Primeiro escoitámolos e comprobamos con asombro a capacidade de improvisación que teñen.
Logo das explicacións, conseguimos elaborar algunhas regueifas: 

REGUEIFAS INVENTADAS POR 6º A E 6º B

Estaba pescando peixes

Cando saltou unha rá

Empecei a perseguila

E cheguei a Canadá

 

E cheguei a Canadá

Aínda era de noite

E xa non sei onde está a rá

Pois perdeuse polo monte

 

Pois perdeuse polo monte

Algo tivo que facer

Porque tiña moito medo

E tívose que perder

 

E tívose que perder

E cando se fixo de día

E empecei a buscala

Apareceu pola ría

REGUEIFAS INVENTADAS POR CRISTINA E ISABEL

Gústanos saír de festa

Cando imos polo río

Mollamos o noso corpo

Pero nunca temos río

 

Xa estamos no outono

As follas xa están caendo

E os campos cambiando

Pero aínda non chovendo

 

Queremos percorrer o mar

Collemos o noso barco

Para visitar a illa

Temos que cruzar o charco

 

Temos que cruzar o charco

Sen mollar a pantorilla

Aínda que con moitas bágoas

Xa chegou a despedida

Magosto 2013

Durante a semana fixemos actividades relacionadas co magosto.

LIM "Celebramos o magosto"

O venres, día 15 de novembro, celebramos o magosto no Monte dos Pozos

UNIDADES DIDÁCTICAS DO MAGOSTO 2013
UD Magosto 1ºciclo UD Magosto 2ºciclo UD Magosto 3ºciclo
   

Obradoiro "Sacos aromáticos"

ELABORACIÓN DE SACOS AROMÁTICOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, concedeunos esta actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 3.º de primaria
A través da exposición de dez plantas aromáticas faláronnos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
No obradoiro, o alumnado realizou sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno caderno aromático.
Duración: 1 hora
Distribuir contido


by Dr. Radut